Venres. 29.03.2024

Evento

AXENDA | Curso de Primeiros Auxilios

23/06/23
15:30 a 20:30
Centro Multiusos, A Mezquita
Formación DESA Mezquita02
Formación en Primeros Auxilios na Mezquita.

A Mezquita acollerá unha formación acreditada sobre Primeiros Auxilios destinada a mulleres que queran mellorar a súa situación laboral. No marco do programa Corresponsables, a formación busca mellorar a empregabilidade a través da capacitación e profesionalización dos coidados.

 

O obxectivo é ofrecer coñecementos básicos sobre o conxunto de técnicas e actuacións que permiten a atención inmediata dunha persoa accidentada. Cunha duración de 5 horas, impartiranse coñecementos sobre soporte vital básico e manexo do DESA. Ó finalizar a formación, obterase o título acreditativo que certifica os coñecementos para poder usar o desfibrilador semiautomático.

 

Impartido por FEMURO, Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, o curso terá lugar o vindeiro 23 de xuño, en horario de tarde, no Centro Multiusos do Concello da Mezquita. Para participar, é necesario inscribirse a través dos teléfonos 988.411.390 e 699.415.810.