Evento
AXENDA | Cualedro ten moita maxia
30/07/23
a
02/08/23
Cualedro.

12:34 do 28 de xullo de 2023
O Concello de Cualedro organiza uns días de "moita maxia" para amenizar as vacacións da cativada. Varias actuacións e un obradoiro para os nenos da ludoteca nunha iniciativa que animará a pequenos e non tan pequenos.
Domingo, 30 de xullo
O local social de Lucenza acollerá a actuación do mago Fernando Moreno a partir das 17:30 horas. Un evento encadrado nas festas na honra de Santa Marta da localidade.
Martes, 1 de agosto
O mago Chirleta ofrecerá maxia para os nenos da Casa Niño Aprendo xogando de Cualedro.
Mércores, 2 de agosto
A ludoteca de Cualedro acollerá un obradoiro de maxia para ensinar ós máis pequenos o poder da imaxinación. A partir das 12h. haberá "Maxia para todos" no patio da escola de Cualedro.