jueves. 25.04.2024

Evento

AXENDA | Un concerto para todos os gustos en Verín

6/8/22 a 6/8/22
21:00 a 23:00
Praza García Barbón de Verín
O coro Encaixe actuará mañá en Verín.
O coro Encaixe actuará mañá en Verín.

A Praza García Barbón de Verín contará mañá coa actuación do coro Encaixe ás 21:00 horas. Esta proposta musical diferente, novidosa e divertida ten a súa orixe nas inquietudes e gustos musicais e artísticos dos profesionais que compoñen a formación vocal.

 

O Concello de Verín organiza esta actividade cultural traendo á vila este grupo formado por 18 cantantes procedentes de formacións moi variadas como De Vacas ou Coro da Ra, de grupos de teatro como Talía ou A Feroz, da música tradicional e ata da televisión. Unha formación tan ecléctica favorece a que teñan un repertorio moi diverso, con cancións recoñecidas por calquera tipo de público.


Encaixe recibiu o Premio Martin Códaz 2018 ao mellor proxecto de música vocal e, na actualidade, aposta forte pola música galega contemporánea.  No seu repertorio pódense atopar versións vocais de grupos como Marful, Berrogüetto, Narf, Dhais ou Malandrómeda, e pola música lusófona a través de Zeca Afonso ou Djavan, entre outros. Aínda que tamén no espectáculo haberá temas coñecidísimos de todos os estilos e épocas.

Comentarios