Evento
AXENDA | Contos ao aire libre con Raquel Queizás
12/08/22
a
12/08/22
20:00
a
21:00
Rúa Irmáns La Salle

16:24 do 11 de agosto de 2022
A campaña Os Venres Son de Conto segue coa súa programación neste mes de agosto tras o éxito do ano pasado. A biblioteca municipal organiza unha serie de contacontos e outras actividades lúdicas ao aire libre dirixidas aos máis pequenos. Serán os venres ás 20:00 horas e a elas asistirán coñecidos realizadores de espectáculos para nenos, contacontos e músicos infantís. Mañá será o turno de Raquel Queizás, quen participará nesta iniciativa da biblioteca municipal con "O eco das pedras". A cita será na rúa Irmáns La Salle ás 20:00 horas.