sábado. 20.04.2024

Evento

AXENDA | Ciencia ficción e animación infantil no Cinema Municipal

14/4/23 a 16/4/23
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
Cinema verín 20221223
Proxeccións do Cinema de Verín ista fin de semana.

Esta fin de semana o salón de actos da Casa da Cultura acollerá a proxección de dúas novas películas que proxecta o Cinema Municipal de Verín. Animación infantil para a cativada e ciencia ficción nunha aventura na que os dinosaurios son protagonistas.

Violeta, el hada traviesa

Unha fada chamada Violeta pérdese no mundo humano. Para volver ó mundo das fadas, atópase cunha nena de 12 anos chamada Maxie e descobre o seu verdadeiro destino. Animación infantil chea de aventuras e fantasía de produción europea.

Pases:

  • Sábado 15 e domingo 16: 17:00h.

65, al borde de la extinción

Logo dun catastrófico accidente nun planeta descoñecido, o piloto Mills (Adam Driver) descobre que está varado na Terra… hai 65 millóns de anos. Deberán abrirse camiño a través do descoñecido territorio cheo de perigosas criaturas prehistóricas.

Drama de acción dentro da ciencia ficción, a película relata unha aventura espacial na que os dinosaurios se converten en protagonistas da trama. Cargada de efectos especiales, vén de ser estreada neste 2023. 

Pases:

  • Venres 14: 20:30h.
  • Sábado 15 e domingo 16: 19:30 e 22:00 horas.


Entradas en taquilla dispoñibles, por 5 euros, 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle)

Comentarios