Evento
AXENDA | Os tres mosqueteiros, D’Artagnan e Mario Bros, no Cinema de Verín

Esta fin de semana o Cinema Municipal de Verín proxectará as películas "The Super Mario Bros Movie" e “Los tres mosqueteros: D’Artagnan” no Salón de Actos da Casa da Cultura.
"Super Mario Bros: la película" relata a aventura dos fontaneiros de Brooklyn que, cando están a traballar nunha avería subterránea, viaxan ata un mundo máxico. Os irmaos Mario e Luigi sepáranse e Mario deberá emprender unha épica misión para atopar a Luigi.
Horarios sesións:
- Sábado, 6 de maio: 17:00 horas.
- Domingo, 7 de maio: 17:00 horas.
“Los tres mosqueteros: D’Artagnan” é a nova versión da coñecida historia dos heros franceses. Unha produción francesa que está sendo sinalada coma unha das mellores versións realizadas ata o de agora, cunha excelente elección do reparto de actores.
Horarios sesións:
- Venres, 5 de maio: 20:30 horas
- Sábado, 6 de maio: 19:30 e 22:00 horas
- Domingo, 7 de maio: 19:30 e 22:00 horas
As entradas estarán dispoñibles na taquilla, 30 minutos antes do inicio das sesións, no propio Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.