Venres. 27.01.2023

Evento

AXENDA | Cinema do Entroido en Laza

21/01/23
18:00
Baixo da Casa do Concello de Laza
De esquerda a dereita, Paco de Matamá, fai caretas de Peliqueiro; Pablo Ces, director de Entroidar e Jacobo G. Novoa, produtor. | FOTO: Íñigo Rolán Taboada.
De esquerda a dereita, Paco de Matamá, fai caretas de Peliqueiro; Pablo Ces, director de Entroidar e Jacobo G. Novoa no FIC Vía XIV. | FOTO: Íñigo Rolán Taboada (Arquivo).

Dentro do ciclo de actividades Tempo de Entroido, o sábado 21 de xaneiro estrearase a documental Entroidar en Laza. Longametraxe dirixida polo santiagués Pablo Ces, o filme céntrase no Entroido de Laza para analizar as personaxes que o fan posible, os lugares nos que se fai e a propia celebración. Será ás 18 horas, no baixo da Casa do Concello de Laza

Un documental rodado antes da pandemia e que xa fora estreada no Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín, pero que inda non tivera oportunidade de proxectalo en Laza. A participación de Pablo Ces en anteriores edicións do FIC Vía XIV púxoo en contacto con Xacobo García Novoa, voluntario do festival de curtas, presidente da Asociación enLAZAdos e membro da Comisión do Entroido de Laza. Xacobo García foi quen acercou ó santiagués ó Entroido. 

A súa autenticidade chamoulle tanto a atención ó director que decidiu rodar un documental centrándose nas personaxes e lugares que fan posible este Entroido. Se me tivera que quedar con algo da rodaxe do documental é co agarimo e afecto que nos amosou a xente de Laza. Acolléronnos de marabilla e integráronnos coma uns veciños máis na celebración do Entroido”, declaraba Ces durante a presentación de Entroidar no FIC Vía XIV.

Pablo Ces ten unha ampla traxectoria no eido audiovisual, sendo galardoado co Mestre Mateo 2011 polo documental “As silenciadas”.