viernes. 19.04.2024

Evento

AXENDA | Cinema de Verín: programación fin de semana de Nadal

23/12/22 a 25/12/22
Casa da Cultura, Concello de Verín.
Cinema verín 20221223
Programación do Cinema de Verín para ista fin de semana.

Ista fin de semana o Cinema de Verín programa dúas novas películas para todos os públicos. De venres a domingo, nas distintas sesións, poderanse ver as películas: "As bestas" e "Rabbit Academy: el gran robo de los huevos de Pascua".

"As bestas": venres 23, ás 20:30h, e domingo 25 nas sesións das 19h e 22h. A película de Sorogoyen está considerada como a mellor da súa carreira. O drama rural con tintes de thriller vén de recibir múltiples premios en distintos certames e conta cun Luis Zahera descomunal na súa interpretación. O que podía ser unha vida idílica convértese nun conflicto cargado de tensión ata chegar a un punto de non retorno. A película non está recomendada para menores de 12 anos.

"Rabbit Academy: el gran robo de los huevos de Pascua": sábado 24 e domingo 25 ás 17h. Comedia de animación realizada en Alemaña, estreada neste 2022, e dirixida a todos os públicos.