viernes. 19.04.2024

Evento

AXENDA | O Ciclo Mestre Mateo trae a Verín o filme "Malencolía"

23/10/22 a 23/10/22
19:00 a 20:30
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín
Cartel da proxección de "Melancolía" en Verín.
Cartel da proxección de "Melancolía" en Verín.

O Ciclo Mestre Mateo retoma as súas citas culturais en Verín. O vindeiro domingo, 23 de outubro, proxectarase o filme "Malencolía" ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de xeito gratuíto. Este ciclo cinematográfico está impulsado pola Academia Galega do Audiovisual, co apoio da área de Cultura da Deputación de Coruña e as vicepresidencias das de Lugo, Pontevedra e Ourense, para que as vilas teñan a oportunidade de incluír o máis destacado do audiovisual galego na súa oferta cultural.

 

Nesta ocasión proxectarase "Malencolía", unha película do director santiagués Alfonso Zarauza, na que se mestura terror e comedia para contar a historia dunha parella galega que, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden regresar a Galicia. Comprarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero no que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación. 

 

A cinta forma parte do Ciclo Meste Mateo xa que obtivo dous premios neste certame, que se lle concederon a Diego Anigo e Iolanda Muíños como mellor interpretación de reparto.

Comentarios