miércoles. 24.04.2024

Evento

AXENDA | Carlos Núñez chega coa súa nova xira a Viana

3/9/22 a 3/9/22
21:00 a 23:00
Piscina municipal de Viana
Carlos Núñez acutará este sábado en Viana.
Carlos Núñez acutará este sábado en Viana.

A xira Lugares Máxicos de Carlos Núñez chega este sábado a Viana do Bolo, onde os seus fans poderán ver ó recoñecido gaiteiro en acción. A cita será no recinto das piscinas municipais ás 21:00 horas, cando aproximadamente comece o concerto que terá unhas grandes vistas do atardecer sobre o río Bibei.

 

Os que aínda non teñan entrada, poden mercala. Os puntos de venta son Bar Dani, Bar Viana 76, Cervecería Carpe Diem, Bar Gran Bazar, Chiricahua, Bar Caracas e Bar Emigrante. Ademais, desde o Concello xa informaron á veciñanza que as piscinas estarán pechadas durante todo o día con motivo do concerto e que as porta de acceso para os asistentes abriranse ás 20:00 horas.

Comentarios