martes. 23.04.2024

Evento

AXENDA | VI Camiñada "Portas do Invernadeiro"

11/6/23
8:30
Campobecerros, Castrelo do Val.
Campobecerros
Aldea de Campobecerros, en Castrelo do Val.

Un ano máis, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Campobecerros organiza a andaina que percorre a ruta das “Portas do Invernadeiro”. Unha camiñada que cada ano suma participantes dispostos a gozar das paisaxes do enclave natural do Concello de Castrelo do Val

Con percorridos circulares, haberá posibilidade de escoller entre as tres rutas con distinta dificultade. O obxectivo da organización é que ninguén quede sen poder deleitarse cunha xornada en plena natureza; unha ruta de 4'5km, outra de 13'4km e a de maior dificultade con 18'9km polos montes de Campobecerros.   

Será o domingo 11 de xuño, a partir das 8:30 horas, con opción de participar somentes na andaina ou quedar ó xantar popular. As inscricións poden realizarse ata o 8 de xuño en Multisport Verín, no restaurante Merendeiro de Campobecerros ou por WhatsApp nos teléfonos 678 400 046 e 676 149 038.

Coma sempre, ollando polo benestar das persoas que participen, dende a organización ofrecen avituallamento, vehículo de recollida para quen o necesite, dispoñibilidade de duchas e servizo de bar. Podes descargar as rutas premendo na seguinte ligazón: 6ª camiñada Portas do Invernadeiro.