viernes. 26.04.2024

Evento

AXENDA | Teatro: La Caja de Pandora presenta "Sempre nos quedará Venecia"

7/1/23
20:00
Auditorio de Verín.
Teatro_CajaPandora
"La Caja de Pandora" actuará no Auditorio de Verín.

A compañía teatral de Verín La Caja de Pandora volve ó Auditorio da vila cunha comedia dramática. Será o sábado, día 7 de xaneiro, ás 20h cando o grupo de actrices e actores afeccionados suba ó escenario para interpretar a obra "Sempre nos quedará Venecia"

Unha obra que nos achegará ó mundo das residencias de maiores para pór de manifesto, cun diálogo cheo de retranca, o abandono no que se atopan moitas das persoas residentes nos centros. Ó longo da actuación vaise desgranando a dramática historia na que as persoas maiores esperan con gran ilusión a chegada da fin de semana para recibir as visitas dos seus familiares. Nembargantes, ás veces, as visitas nunca chegan... se non hai cartos polo medio. Un tema tratado con certa comicidade pero que nos fai ver a situación de tristura que os nosos maiores padecen moitas veces.