viernes. 19.04.2024

Evento

AXENDA | Os Bolechas acompañan á bruxa Befana en Viana

3/1/23 a 3/1/23
18:00 a 19:00
Casa da Cultura de Viana
Cartel da visita dos Bolechas a Viana.
Cartel da visita dos Bolechas a Viana.

Os Bolechas estarán esta tarde a Viana do Bolo, en concreto á Casa da Cultura ás 18:00 horas. E virán acompañados. Este Nadal recibiron unha visita especial, que non foi a dos Reis Magos nin a do Pai Noel ou o Apalpador. Chegada dende Italia, a meiga Befana aterrou coa súa vasoira na casa dos Bolechas. Os cativos vianeses poderán coñecer a esta famosa bruxa, que é a encargada de levar doces e xoguetes aos nenos italianos.

 

Ademais desta actividade, o Concello de Viana continúa coa súa programación de Nadal e, ao longo desta semana contarán con inchables para todas as idades. O Parque do Nadal está instalado no Pavillón municipal con horario de 16:00 a 20:00 horas ata o vindeiro sábado.

 

Datas e horario do Parque do Nadal de Viana.
Datas e horario do Parque do Nadal de Viana.
Comentarios