jueves. 25.04.2024

Evento

AXENDA | A fe verinesa peregrina ós Milagres

3/9/22 a 4/9/22
21:00 a 7:00
Casa do Escudo, Verín
Cartel da andaina ós Milagros.
Cartel da andaina ós Milagros.

O Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas organizan unha andaina que ten como destino o santuario dos Milagres, en Baños de Molgas. Os participantes sairán o sábado ás 21:00 horas da Casa do Escudo de Verín e peregrinación subirá polo alto das Estivadas, polo que será un percorrido con pendentes pronunciadas. A chegada está prevista para a mañá do domingo.

 

A andaina ten un prezo de 5 euros e para a volta disporase dun autobús con prazas limitadas. As persoas interesadas en participar poden anotarse no WhatsApp do teléfono 600 410 018. Pola seguridade dos camiñantes, recomendan levar un chaleco reflectante e tamén unha lanterna.

 

O primeira misa do domingo é ás 7:30 horas, nunha xornada que estará adicada á Igrexa Diocesana.

Comentarios