Evento
AXENDA | Actividades na 'Casa do maior' de Riós en outubro
1/10/24
a
31/10/24
Casa do maior, Riós
1 de octubre de 2024, 12:37
Dentro do programa de envellecemento activo que ten en marcha o Concello de Riós, o centro de día do municipio organiza unha chea de actividades ao longo do mes de outubro.
Teatro, arteterapia, obradoiros de memoria e clases de motricidade e activación do corpo ás que se pode asistir de luns a venres, previa inscrición na propia Casa do Maior ou chamando ao teléfono: 988 594 487.
Actividades e horarios
- Memoria: luns e venres ás 10:00 horas.
- Arteterapia: luns e venres ás 11:30 horas.
- Activa o teu corpo: martes ás 10:00 horas.
- Iniciación ao teatro: martes ás 11:30 horas.