jueves. 25.04.2024

Evento

AXENDA | O Conservatorio de Música de Verín presenta "A verea confusa"

25/1/23
20:00
Auditorio de Verín.
verea confusa_CMUS_20230123
O Conservatorio Profesional de Música de Verín organiza a presentación do libro de Edelmiro Mateo.

Será o mércores, 25 de xaneiro, a partir das 20 horas cando o Conservatorio de Música de Verín acolla a presentación do libro "A verea confusa", escrito por Edelmiro Luis Mateo García. Un libro que recolle conversas que xiran ó redor das respostas dun adulto ás atrevidas e comprometidas preguntas que lle fai unha nena, onde tamen se verá a diferencia xeracional entre os dous.

Edelmiro Mateo conta, niste libro, coa colaboración de Fernando Barreira, quen ilustra cada unha das historias convertindo a publicación nunha obra de arte. Ademais da portada, ilustra os12 capítulos deste libro con láminas en cor, explicando a esencia de cada sección. É unha publicación que vai dirixida a calquera persoa, independentemente da súa idade.

Coma sempre, o acto convertirase nunha oportunidade de gozar da música en directo. O propio Edelmiro Mateo vai acompañado do seu acordeón en cada unha das presentacións dos seus libros, convertindo os actos en eventos que unen literatura e música ó vivo.