Evento
AXENDA | XIII Marcha BTT Val de Monterrei
21/05/23
09:00
Saída: Praza García Barbón de Verín.

13:53 do 5 de maio de 2023
O Club BTT Verín pón en marcha a XIII edición da Marcha BTT Val de Monterrei, que se celebrará o vindeiro 21 de maio nas terras do Támega.
Como en cada edición, haberá tres percorridos dispoñibles. Dende o Club BTT Verín programaron dificultades variadas para que podan participar todas as persoas que o desexen.
Con saída dende a Praza García Barbón ás 9 da mañá, haberá unha ruta de 65 kilómetros con dificultade alta, outra de 45km de dificultade media e unha terceira ruta de 30 km pola Ecovía con dificultade baixa, un paseo.
Ó rematar, os e as participantes que o desexen poderán degustar un xantar no Restaurante Brasil da vila.
As inscricións deberán realizarse en sportmaniacs.