viernes. 19.04.2024

Evento

AXENDA | Verín terá unha sesión de cine con "Cuñados"

25/9/22 a 25/9/22
19:00 a 20:30
Casa do Concello de Verín
Proxección de "Cuñados" este domingo na Casa do Concello de Verín.
Proxección de "Cuñados" este domingo na Casa do Concello de Verín.

O Ciclo Mestre Mateo traerá este domingo a proxección de "Cuñados" a Verín. A película, rodada na provincia, poderase ver este ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa do Concello. A entrada é de balde, polo que os interesados terán a oportunidade de desfrutar con esta comedias galega protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez.

 

A programación do Ciclo Mestre Mateo está composta polas películas finalistas dos pemios que lle dan nome, uns galardóns que destacan as obras de maior calidade na produción audiovisual do ano. Os obxectivos principais da iniciativa son achegar o audiovisual galego aos concellos, vilas e centros galegos do exterior aos que habitualmente non chegan as producións que participan nos Premios Mestre Mateo, facilitar o acceso da cidadanía a unha programación cultural de calidade con produción galega e favorecer o achegamento á nosa cultura e o noso idioma a través do audiovisual.

 

Comentarios