mércores 01.04.2020

Evento

Andaina Castrelo de Cima 2020

10/abr/2020 a 10/abr/2020
16:30 h
Castrelo de Cima

A Asociación Cultural Os Queimas organiza, coa colaboración da Asociación Cultural e Deportiva Orbayu Planeta, a Andaina Castrelo de Cima 2020.

A data da andaina está programada para o venres 10 de abril e a saída será na casa do pobo ás 16:30 horas. Hai dúas modalidades, o paseo e a ruta. O paseo son 5 km e a dificultade é baixa, mentres que a ruta son 12 km e a dificultade é media-baixa.

Para participar é preciso inscribirse antes do 7 de abril na Tenda de Abaixo ou no correo [email protected], ou a través dos números de teléfono 626 920 422 ou 616 391 335. O prezo para participar na andaina é o seguinte: 10 euros no que entra cea ou 3 euros sen cea, mentres que os nenos con cea deberán pagar 5 euros e sen cea poden participar gratis. Os socios da Asociación teñen un desconto de 3 euros.

Comentarios