Xoves. 30.06.2022

Evento

AXENDA | A relación entre felicidade e saúde, a debate en Solleira

22/04/22 a 22/04/22
20:00 a 21:30
Centro de día de Verín - Praza de abastos (García Barbón, 8)

No centro de día Solleira de Verín, continúan co ciclo de conferencias co obxectivo de achegar coñecementos e mellorar a vida das familias de Verín e comarca con persoas dependentes ao seu cargo. A charla deste venres titúlase "Felicidade e saúde", e nela, Xosé Manuel Pérez Bouza, enfermeiro do Servizo Galego de Saúde en atención primaria con ampla experiencia en saúde familiar, analizará a relación entre a saúde e a felicidade das persoas.

comentarios