miércoles. 24.04.2024
Xose Lois Foxo, Rosendo Fernández e José Luís Suárez na presentación da XXXV edición da Xuntanza Internacional de Gaitas. | FOTO: Cedida.
Xose Lois Foxo, Rosendo Fernández e José Luis Suárez na presentación da XXXV edición da Xuntanza Internacional de Gaiteiros. | FOTO: Cedida.

XXXV edición da Xuntanza Internacional de Gaiteiros celebrarase este sábado, 29 de agosto, no Castelo de Monterrei, en homenaxe a Adelino Rodríguez Martínez, gaiteiro de Riós.

A reunión internacional de gaiteiros celebrarase oficialmente o sábado, pero a programación da iniciativa comezará este venres ás 19:00 horas -na praza Ermida de Flariz- cun concerto de Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón. Esta edición -segundo sinalan fontes da Escola Provincial de Gaitas terá- "carácter peninsular" e contará con estes artistas, que son "dos mellores músicos étnicos que ten a Península Ibérica".

O día seguinte, ás 12:30 horas, terá lugar a presentación do libro "La Nuossa Gaita", a cargo de Abílio Topa.

Xuntanza celebrarase na mesma xornada, ás 19:00 horas, e nela actuarán: trompetistas á usanza medieval, Tatiana Kostomorova, a Banda de Gaitas Nova Era de Verín, Zanfonistas da Escola Provincial de Gaitas, Xuacu Amieva, a Agrupación Musical do Concello de Riós, Flores López, as cantareiras da Real Banda, Abílio Topa, Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón, Manuel Santín -gaiteiro de Cervantes-, Gaiteiros de Flariz, Germán Díaz e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Ademais, entre o 24 e o 29 de agosto, tamén se poderá visitar unha exposición fotográfica iconográfica da Gaita no Hospital do Peregrino.

Foxo: "A Cultura precisa actividade para seguir vivindo"

A presentación do evento -declarado de Interese Turístico e Cultural- tivo lugar hoxe, mércores 26 de agosto, no centro cultural Marcos Valcárcel. 

No acto, participaron: o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo e o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez.

Rosendo Fernández foi o encargado de transmitir a nova de que a xuntanza internacional será transmitida por streaming. O membro da Deputación explicou que a iniciativa naceu como complemento das actividades realizadas pola Escola Provincial de Gaitas e quixo facer referencia ós méritos da mesma: "A Real Banda de Gaitas da Deputación nace da Escola Provincial de Gaitas e érguese coma a máxima expresión artística de milleiros de gaiteiros que teñen como referencia a Ourense".

Na mesma liña, o vicepresidente da corporación ourensana lembrou que esta xuntanza "constituíse ao longo dos anos nun prestixioso foro internacional, universal, onde se aglutinan desde as gaitas máis primitivas ás gaitas máis modernas".

Xosé Lois Foxo tamén quixo falar da Xuntanza -que forma parte da historia de Ourense e da Escola de Gaitas- e afirmou: "Quixemos mantela porque a cultura necesita actividade para seguir vivindo".

Pola súa banda, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, explicou que o evento "se celebra tradicionalmente no segundo fin de semana de xuño, pero este ano, tivemos que retrasalo pola pandemia".

A actividade é "unha peza angular dentro da programación cultural que temos no Concello de Monterrei durante os meses de verán e non queríamos perdela", sinalou José Luis Suárez.

O primeiro edil quixo tranquilizar ós asistentes e engadiu que, dada a situación actual, vanse aplicar todos os protocolos de seguridade aprobados: "Contamos con protección civil, a nosa agrupación de Monterrei-Cualedro, que se encargarán de garantir que se cumpran todas as estritas medidas de seguridade".

A XXXV edición da Xuntanza Internacional de Gaiteiros celebrarase este sábado, na...