viernes. 19.04.2024
portas1
Os CDR de Sarreaus e Vilardevós estiveron representando á Ourense baleirada en Madrid.

Centos de persoas se manifestaron hoxe domingo na capital madrileña para esixir igualdade, equilibrio territorial e claras medidas contra a despoboación, nunha concentración que aínda que inicialmente foi convocada polas plataformas "Soria Ya" e "Teruel Existe", acabou sendo secundada por máis de 80 colectivos de todo o país, entre os que se encontraban dous ourensáns, o centro de desenrolo rural O Viso, de Lodoselo (Sarreaus) e o de Portas Abertas, de Vilardevós

A manifestación, denominada "Revuelta de la España vaciada", arrancou da Praza de Colón, e transcorriu por o Paseo de Recoletos ata Cibeles, para finalizar na Praza Cánovas del Castillo. E nela participaron cinco ministros: a de Traballo, Magdalena Valerio; a de Sanidade, Luisa Carcedo; a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera; a de Industria, Reyes Maroto; e o ministro de Agricultura, Luis Planas.

Tamén se deixaron ver, entre outros, o presidente de Ciudadanos, Albert Rivera; Isabel Tejerina, do Partido Popular; ou o secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique.

A convocatoria colocou o foco "na inxustiza da situación do medio rural que se baleirou e se segue a baleirar por acción ou omisión durante décadas", din dende o Centro de Desenrolo Rural de Portas Abertas, en Vilardevós.

Vilardevós berra en Madrid contra o abandono do rural