Venres. 29.03.2024

Sociedade

VÍDEO | Catro músicos da charanga "Fuego" animan o Entroido dende as súas casas

Non hai Entroido sen música de charanga. Unha das fixas no de Verín é, sen dúbida, Fuego Street Band. Este ano non poderá escoitarse polas rúas pero si polas redes. Catro dos seus músicos -Brais, Roberto, Juan Luis e Santi Colmenero- participaron nun proxecto do mestre Andrés Pérez Fernández, compostelán de Teo que xuntou, neste vídeo, a integrantes de charangas de todo o país e mesmo de Asturias. 

O resultado foi este, versionando o clásico de Víctor Daniel popularizado pola inesquecible cubana Celia Cruz: "La vida es un carnaval".

Comentarios
VÍDEO | Catro músicos da charanga "Fuego" animan o Entroido dende as súas casas