martes. 16.04.2024
free Delivery
Entroido 2021 Viana do Bolo cancelado. | FOTO: Concello de Viana do Bolo.

Outro concello súmase a Verín na cancelación das actividades previstas para o Entroido 2021. Trátase de Viana do Bolo. A pesar de que non hai casos positivos confirmados na localidade, acordouse a suspensión do evento, debido, principalmente, á alta incidencia nos municipios colindantes e no resto de Galicia. Así o aclaraban nun comunicado, ''reitérase a necesidade de manter e extremar as medidas de protección habituais e cumprir coas novas medidas adoptadas polo Goberno da Xunta''.

entroidoVianadobolo8Entroido Viana do Bolo. | FOTO: Concello de Viana do Bolo.

''Foi unha decisión difícil, aínda que consideramos que agora mesmo, a obrigación de calquera cargo público, é a de mostrar responsabilidade, tentando preservar a saúde e o benestar dos seus veciños''. Con este obxectivo o concello reuniuse cos representantes das Asociacións que forman o Entroido de Viana e acordaron cancelar todos os actos previstos.

Foi unha decisión difícil (Concello de Viana do Bolo)

Sen embargo, tratando de manter o espírito do entroido galego, seguirán colaborando coas distintas Asociacións locais na organización de pequenos eventos, que serán retransmitidos a través das plataformas dixitais do concello. ''Servirán para lembrar e rememorar diariamente, os acontecementos máis representativos do noso Entroido''. No referente a esta programación, a información relacionada coas datas e horas irase comunicando, regularmente, a través das redes sociais.

Viana do Bolo tamén cancela o seu Entroido 2021