Debido as malas condicións meteorolóxicas o Concello de Viana do Bolo acordou trasladar a este mércores día 6 o ''Belén Vivinte''. O encontro será de 17:00h a 18:00h na Praza do Cabo da Vila e contarase con cerca de 50 figurantes que converterán as rúas no ''Barrio de Belén''.
Sen embargo, os actos de Nadal non remataron nisto. O luns 4 de xaneiro tivo lugar o ''Belén Agradecido'' co obxectivo de homenaxear a todos os traballadores que permaneceron en pé durante a pandemia. Así, realizáronse unha serie de actos diante do Centro de Saúde, o Cuartel da Garda Civil, a Residencia San Roque e a Residencia Valdegodos, nos que se fixo entrega dunha pequena placa de agradecemento en nome do concello e de toda a veciñanza.
Entrega da placa de agradecemento nunha das residencias de maiores da vila. | FOTO: Concello de Viana do Bolo.
Ademais disto, cantóuselles un villancico ao persoal sanitario, corpos de seguridade e traballadores das residencias de maiores. Unha forma de agradecerlles todo o seu labor no municipio.
Así lle cantaron panxoliñas á Garda Civil. | FOTO: Concello de Viana.
Finalmente o día 5 de xaneiro déuselles a benvida aos Reis Magos dun xeito especial. Para evitar aglomeracións a recepción das súas Maxestades realizouse a través da canle de Youtube do concello, cerca das 16:00h. Despois disto, dispuxéronse a recorrer as aldeas para visitar aos máis pequenos e, finalmente, ás 19:00h realizaron un desfile polas rúas de Viana do Bolo.