viernes. 19.04.2024
Entrega dos 30.000 euros de Gadis ao Concello de Verín.
Gerardo Seoane, Emilia Somoza, Melisa Pagliaro, Diego Lourenzo e Antonio Cortés, no acto de entrega dos 30.000 euros de Gadis ao Concello de Verín. | FOTO: Carlos Montero.

A cadea galega de supermercados Gadis estreouse no 2019 convocando a primeira edición do premio "O meu entroido é o mellor", no que resultou vencedor o de Verín, por enriba do de Foz e do de Xinzo de Limia, en terceiro lugar. Esta mesma mañá, Melisa Pagliaro, como directora de Marketing de Gadisa, e Antonio Cortés, o director de Responsabilidade Social Corporativa da entidade de alimentación, fixeron o acto de entrega dos 30.000 euros cos que estaba dotado o primeiro dos premios na Casa da Cultura da vila. 

Á cita estaban convocados, por parte do Concello de Verín, o rexedor Gerardo Seoane; o seu tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, e a edila da concellería de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, que agradeceron a Gadisa o teren posto en marcha un concurso destas características. 

O rexedor, Gerardo Seoane, afirmou que os 30.000 euros que reciben da cadea de alimentación sumaranse aos orzamentos fixados polo seu equipo de Goberno para o Entroido 2020, de máis de 120.000 euros

Os datos rexistrados non deixan lugar a dúbidas. O Entroido de Verín recibiu 13.993 votos válidamente contabilizados, máis de 2.000 por enriba do segundo clasificado, o Concello de Foz, con 11.587 votacións. Xinzo acadou o terceiro posto, con tan só 468 rexistros.

 

Verín superou en 13.525 votos a Xinzo no concurso do "mellor Entroido" de Gadis