Xoves. 28.03.2024
La policía local controló durante un par de horas el principal cruce de la villa. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
La policía local controló durante un par de horas el principal cruce de la villa. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Pese ó estado de alarma no que estamos dende o pasado venres, hoxe -unha semana máis tarde- o ambiente de Verín distaba moito do que debería ter unha localidade confinada.

Coches dun lado para outro, supermercados a máis rendimento incluso do habitual, farmacias a rebosar, estancos con longas colas e un sinfín máis de establecementos cheos de cidadáns que deberían estar nas súas casas.

Tras o fin de semana confinados e un festivo que en nada se diferenciaba do resto de días, os verinenses aproveitaron a mañá deste venres para saír ás rúas a por todo tipo de enseres. Esto estaría correcto se non fose porque as medidas de seguridade adoitadas eran escasas ou nulas.

As luvas brillaban por a súa ausencia nos supermercados, as distancias de seguridade non se gardaban nas colas para pagar, non se utilizaba a tarxeta de crédito para evitar o posible contaxio por mor das moedas e o persoal non daba abasto para repor todo o que se consumía de forma desesperada, pese os chamamentos das institucións públicas á compra responsable.

WhatsApp Image 2020-03-20 at 16.32.57As colas no Mercadona eran no exterior pero tamén no seu aparcadoiro subterráneo. | FOTO: Patri Porto.

Aínda con todo o control policial que presentaba a vila, o tráfico nas horas centrais da mañá era o propio dun día normal e non dun estado de alarma, razón pola que un par de patrullas do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín deciciu facerse ver polas rúas centrais para lembrar a mensaxe de permanecer nos domicilios.

O camiño de volta á casa desta reporteira permitiullle comprobar o lixeiro grao de incivismo por parte dalgúns cidadáns, que non reparaban en que as luvas utilizadas podían depositarse nunha papeleira e non directamente no chan. Membros dos servizos de limpeza do Concello de Verín queixábanse abertamente de que estaban atopando moitas luvas tiradas no chan en varias partes da vila.

Luvas, que por outro lado, é o único equipamento co que conta o servizo de axuda ao fogar do concello de Verín. O medio cento de traballadoras non dispoñen da equipación necesaria, nin tan siquera de mascarillas para poder efectuar o seu traballo nos domicilios dos usuarios do servizo: levantar, duchar, cambiar e, en definitiva, coidar da saúde dos nosos maiores.

A dudosa solidariedade que podía apreciarse nas dúas horas centrais da mañá si aparecía nítidamente pola noite, ás oito, onde de novo os barrios da vila saían ós balcóns para aplaudir e cantar. Os veciños de Galicia, Laureano Peláez, Diputación e José Santamarina non faltan a unha soa cita. O vídeo envíanolo Iria Otero

Verín non se pecha… nin en estado de alarma