Venres. 29.03.2024
Vista de la villa de Verín desde el castillo de Monterrei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Vista de la villa de Verín desde el castillo de Monterrei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Os municipios galegos en alerta vermella pola incidencia da COVID - 19 eleváronse este venres aos 50, ao entrar na lista as localidades ourensás de Barbadás, Verín, así como Neda e Cabana de Bergantiños, na Coruña.

En concreto, na provincia da Coruña, permanecen en vermello 18 municipios. Trátase de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Oleiros, A Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carballo, Malpica, Cabana de Berganitños, Vimianzo, Ordes, Santiago, Ames e Teo.

Pola súa banda, en Pontevedra, mantéñense en 21 os concellos no máximo nivel de alerta. Así, están en vermello Lalín, Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, O Grove, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Moaña, Cangas, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui e A Guarda.

En Lugo, non se rexistran cambios e continúan en vermello, ademais da propia cidade da muralla, Monforte, Viveiro, Cervo e Burela. Tamén se manteñen en vermello os muicipios ourensáns de Xinzo, Ourense, Ribadavia e O Carballiño, aos que se suman Barbadás e Verín.

De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a gran maioría de concellos en situación 3 pola pandemia están situados nas provincias de Pontevedra (21) e A Coruña (18), seguidas de Ourense (6) e Lugo (5).

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Santiago -máis de 112-, Lugo -máis de 112-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-.

Verín súmase á listaxe de concellos galegos en alerta vermella pola covid - 19