Venres. 29.03.2024
20210204ReunionCECOR
Reunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial. | FOTO: gabinete de prensa.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu a reunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial, para facer balance das actuacións levadas a cabo polas forzas e corpos de seguridade, destinadas a vixiar o cumprimento das medidas anti Covid. Finalmente, acordouse elevar a vixilancia en zonas como Verín.

Isto leva a establecer un reforzo dos dispositivos de control na comarca de Verín durante os días do Entroido coa intención de garantir o cumprimento das restricións de mobilidade e dos contactos sociais, establecidas pola Xunta de Galicia. Neste sentido, Emilio González incidiu na importancia de ''non relaxar as normas establecidas para conter o virus da Covid - 19 e restrinxir ao máximo os contactos sociais, así como seguir as indicacións facilitadas pola forzas e corpos de seguridade''.

20210204CECORReunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial. | FOTO: gabinete de prensa.

O subdelegado do Goberno tamén reiterou ''a necesidade de que as ourensás e os ourensáns manteñan a responsabilidade individual para conseguir frear a incidencia da pandemia na provincia. O virus non ten idade e por iso instamos a todo o mundo a ser moi coidadoso no día a día''. Por último, quixo destacar ''o esforzo e o traballo levados a cabo polos efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, xunto coa Policía Autonómica e as Policías Locais''.

A Subdelegación aumentará os controis policiais en Verín para garantir o cumprimento...