Imprimir

Verín está a 13 casos activos máis dos 56 que ten de cumprir as condicións do confinamento

Xosé Lois Colmenero | 07 de outubro de 2020

Gráfica de como están evolucionando os casos de COVID dende o pasado 18 de setembro.
Gráfica de como están evolucionando os casos de COVID dende o pasado 18 de setembro.

Esta noite entra en vigor a orde das autoridades sanitarias de prohibir as xuntanzas entre persoas que non compartan o mesmo domicilio. Verín está a 13 casos activos máis de cumprir os requisitos dun hipotético confinamento. 

Os criterios que están a seguir as autoridades sanitarias para decretar o confinamento dunha poboación están fixados en 500 casos activos por cada 100.000 habitantes. Arestora, segundo informou o Concello de Verín esta mesma mañá, os diagnosticos rexistrados activos eran de 56, ou o que é o mesmo, 411 se o municipio tivera unha poboación de 100.000 habitantes, seguindo unha sinxela proporción. 
 

Iso significa que, no caso de que Verín cumprise todos os criterios para resultar confinado, só precisaría de 13 casos activos máis sobre a súa poboación de 13.600 habitantes para que as autoridades sanitarias tomasen unha decisión similar á que esta noite entra en vigor en Ourense e Barbadás. 

Gerardo Seoane fixo unha pequena análise, segundo os datos dos que tamén dispoñen os responsables médicos, de cales foros os principais motivos de ter a vila e contorna chegado a esta situación. Seoane Fidalgo explicou que foron cinco os factores deste repunte de casos: "O primeiro, as contratacións dos produtores e bodegas para a vendima, onde algunhas bordearon a legalidade vixente e impedindo que se fixeran as oportunas PCR. Un factor moi importante tamén foron, tanto os xóvenes como as reunións familiares, que están sendo o cabalo de batalla desta nova onda, por iso se implantan as restriccións de xuntanzas de persoas non convivintes, unha medida que está demostrando noutros lugares que está a ser efectiva", dixo Gerardo Seoane. 

Apelo á responsabilidade individual. Esta noite entra en vigor a prohibición de realizar xuntanzas con xente coa que non se conviva. Respectémola. Non vaiamos a xuntarnos con xente coa que non podemos a Castrelo do Val, Laza, Monterrei ou Oímbra (Gerardo Seoane, alcalde de Verín)


O alcalde de Verín tamén situou coma outro dos focos que provocaron o repunte de casos no municipio a presenza de traballadores nas obras do AVE, "que as fins de semana se desprazan ás súas localidades de residencia habitual ou mesmo de nacemento, co risco implícito que tamén iso supón". 

Gerardo Seoane apelou á "responsabilidade individual de cada un de nós parar mudar a dirección desa curva. Se en Verín esta noite entra a restricción de non xuntarse con persoas alleas ao noso domicilio, debemos respectala e non citarnos con elas nos bares de Castrelo, Laza, Monterrei ou Oímbra", rematou o primeiro edil verinense. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/verin/verin-13-casos-activos-mais-56-ten-cumprir-condicions-do-confinamento/20201007212539011077.html


© 2020 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei