viernes. 19.04.2024
Sociedade

Velaí vén o Samaín! Quen dixo medo?

O terror coloniza a bisbarra! Bruxas, orcos, cabazas, morcegos e seres escuros invaden o noso territorio para levarnos de foliada. Festexamos o Samaín para lembrar o final da vendima e a chegada do inverno. Nin os colexios quedan libres do medo! Os comerciantes da Rúa Maior de Verín están aterrados ante as presenzas aparecidas nos seus establecementos. A Noite de Medo está próxima... Serás quen de saír á rúa estes días?

Samaín 2019 rúa maior05
1 / 13

A Morte agarda na Rúa Maior de Verín. Serás ti o escollido?

Samaín 2019 rúa maior02
2 / 13

Teas de araña tapizan a Rúa Maior.

Samaín 2019 rúa maior
3 / 13

Os morcegos aterran á veciñanza; vénganse da matanza dos seus irmáns.

Samaín 2019 rúa maior03
4 / 13

Que acontece na Rúa Maior de Verín? Semella saída de lendas escuras.

Samaín 2019 rúa maior04
5 / 13

Invasión nas tendas da Rúa Maior. Atréveste a entrar?

Samaín 2019 rúa maior06
6 / 13

A Bruxa vixía quen vai pola Rúa Maior e que fai. Coidado cando te achegues!

Noite de Medo 2019
7 / 13

Non os mires! Os Errantes da Noite de Medo chegan o xoves para levarte con eles.

Samaín 2019 Raiola
8 / 13

No Centro de Día de Verín- Raiola tamén están preparados para o Samaín.

SONY DSC
9 / 13

Na Biblioteca de Verín os peques preparan cabazas que dan moito medo.

Samaín CEIP Amaro Refojo recollida alimentos
10 / 13

No CEIP Amaro Refojo teñen festa terrorífica con recollida de alimentos.

Samaín CPR María Inmaculada
11 / 13

O alumnado do CPR María Inmaculada leva tempo preparando o Samaín.

Samaín CEIP O Castieiro Laza 20191030
12 / 13

No CEIP O Castiñeiro van percorrer as rúas de Laza para atrapar ós veciños.

Samaín Castro de Laza 20191101
13 / 13

En Castro de Laza teñen cea para toda a veciñanza e unha foliada de disfraces.

Comentarios
Velaí vén o Samaín! Quen dixo medo?