miércoles. 24.04.2024
20190429_133805
Os integrantes en diferentes puntos do concello.

A candidatura de unidade popular Veciños de Monterrei presentouse oficialmente o 1 de maio para optar á alcaldía do concello “cunha das taxas de paro máis altas da provincia de Ourense”, segundo relatou a cabeza de lista, Carme Sola.

A candidata afirmou que a escolla do Día do Traballo para presentar a candidatura non era casual, xa que segundo as súas verbas "é inadmisible que Monterrei teña 230 persoas en situación de desemprego, o que representa aproximadamente o 25% da poboación activa total”.

Un dos eixos de actuación será tentar promover unha administración local “aberta e transparente para os veciños e veciñas, que fuxa das políticas caciquís e partidarias exercidas polo Goberno do PP”. Por outra banda, Sola recalcou a iniciativa da posta en valor do local, criticando a situación de abandono da necrópole de Medeiros, a recuperación de Requeixo, o deterioro de Mixós coma enclave de paso do Camiño de Santiago e a cementación da calzada medieval próxima ao Castelo de Monterrei, "tendo agora dous paradores e, por desgracia, un patrimonio histórico cultural perdido, privatizado e maltratado", aseguraba.

A cabeza de lista quixo recalcar tamén coma puntos importantes para a candidatura o empoderamento da muller rural e a promoción de políticas públicas para os máis novos que residen no municipio, así coma políticas de forte carácter social para os maiores que respondan ás súas demandas e necesidades.

En última instancia, Carme Sola quixo facer fincapé na necesidade dunha política local, asegurando que "non podemos permitir que nos dirixan nin dende Ourense, nin dende Santiago, nin moito menos dende Madrid”.
 

Veciños de Monterrei optará á alcaldía co obxectivo de reducir a alta taxa de paro do...