martes. 23.04.2024
Os bares da vila estarán pechados 14 días máis se o Concello non levanta as restricións das terrazas

Un veciño da Mezquita poderá ir ao notario ou a un banco en Verín, pero non ao Mercadona

A Xunta vén de publicar a orde pola que regula a mobilidade das persoas nos tres municipios da comarca máis afectados polas restricións: Verín, Oímbra e Vilardevós. Un veciño da Mezquita non poderá vir ao supermercado a Verín, pero si ao notario ou ao banco se é que a súa xestión no pode agardar 14 días.  

Esta imaxe tardará, alomenos, uns 14 días máis en volver a verse nas rúas de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.
Esta imaxe tardará, alomenos, uns 14 días máis en volver a verse nas rúas de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.

A Consellería de Sanidade vén de facer pública, minutos antes das 00:00 horas deste xoves 22 de outubro, a orde do 21 de outubro de 2020 sobre medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID - 19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Terra de Celanova, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense.

Nela, como xa se tiña anunciado, limítase a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oimbra e Vilardevós, agás para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais ou legais.
  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual.
  • Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros que non poidan aprazarse.
  • Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  • Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Segundo estas prohibicións, os residentes dos municipios distintos a Verín, Vilardevós e Oímbra non se poderán desprazar ata o concello de cabeceira do val para realizar compras en tendas ou supermercados, aínda que si se poderán desprazar por algunha das causas anteriormente sinaladas. Si estará permitido o desprazamento a un centro de alimentación se aquelo que se precisa adquirir é de vital necesidade para a súa supervivencia

A circulación polas estradas e vías que transcorran ou atravesen os ámbitos territoriais delimitados será posible sempre e cando teña a súa orixe e destino fóra deles. A circulación de persoas dentro dos ámbitos territoriais delimitados será posible, sempre respectando as medidas de prevención e as recomendacións específicas previstas nesta orde, ben que se recomenda evitar todo movemento ou desprazamento innecesario.



Os bares non abrirían en 14 días en Verín

Durante 14 días naturais estarán vixentes as restricións fixadas polas autoridades sanitarias para os concellos da comarca, con especial incidencia en Verín, que de facto impedirá que os bares poidan abrir de novo con regularidade nese periodo. A Xunta limita o servizo de cafetería ás terrazas no termo municipal de Verín, pero o Concello ten restrinxido por decreto a posibilidade de que se poida servir en terrazas, como así o autoriza a orde da Consellería de Sanidade. Se o grupo de Goberno local non levanta esa prohibición, os bares seguirán pechados 14 días máis

Un veciño da Mezquita poderá ir ao notario ou a un banco en Verín, pero non ao Mercadona