Imprimir

Veciño da Mezquita investigado como presunto autor dun incendio forestal

Diario do Támega | 07 de agosto de 2019

Imaxe de arquivo da entrada principal dos Xulgados de Verín.
Imaxe de arquivo da entrada principal dos Xulgados de Verín.

As dilixencias foron tramitadas no Xulgado número 1 da vila verinense

Un veciño da Mezquita de 36 anos acudiu, no día de onte, a prestar declaración ante os axentes da Garda Civil acusado dun delicto incendio foretal no lugar de Carballaregos.

A. R. B. atopábase o pasado mércores 31 de xullo, supostamente, co seu tractor realizando funcións de carácter agrícola, cando se produciu o lume que se propagou polo terreo onde el estaba e chegou a calcinar 100 metros cadrados de monte. As dilixencias foron tramitadas no Xulgado número 1 da vila verinense. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/a-mezquita/vecino-da-mezquita-investigado-como-presunto-autor-dun-incendio-forestal/20190807174046003189.html


© 2019 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei