jueves. 25.04.2024
En poucos minutos a praza, rúa Maior, da Cruz e algunhas vías periféricas volveron a encherse de auga

Unha forte tromba de auga volve a deixar, como cada ano, rúas e baixos anegados no centro da vila de Verín

Foron, coma sempre, poucos os minutos dunha tromba de auga que ocasionou, como xa vén sendo habitual, problemas similares aos de anos anteriores. Rúas anegadas, baixos inundados e algún corte de tráfico ata que non se destaparon as tapas dos sumidoiros para que o circuíto de saneamento absorbese a grande cantidade de auga caída en tan pouco tempo

Un ano máis, a rúa Maior acabou anegándose en poucos minutos. | FOTO: Protección Civil.
Un ano máis, a rúa Maior acabou anegándose en poucos minutos. | FOTO: Protección Civil.

Como cada verán que se rexistra unha tromba de auga, repítense non mesmos puntos da vila de Verín as consecuentes inundacións que acaban por deixar intransitables algunhas das rúas, e anegar baixos, garaxes e establecementos comerciais. A rúa da Cruz na súa intersección coa praza; a rúa Maior cerca da praza do Rei, a avenida de Laza ou Canella Cega foron algunhas das localizacións onde se acumularon importantes cantidades de agua que chegaron a asulagar algún local -coma o bar Liló, na praza García Barbón- ou portais de vivendas. 

trombaAvenida de Cabreiroá, Canella Cega e Infistela foron algunhas das rúas que se anegaron nalgúns dos seus puntos. 

Unha vez máis repetíronse os mesmos problemas ocasionados non só polas trombas de auga senón tamén pola propia orografía do terreo en Verín e as súas construccións, próximas á canle de río Támega e, moitas delas, nas que arestora se consideraría como zona inundable. A Policía Local de Verín cortou os accesos á rúa Amaro Refojo, da Cruz e Maior, ata que non se foi sumindo a auga acumulada na intersección das dúas últimas. 

Unha forte tromba de auga volve a deixar, como cada ano, rúas e baixos anegados no...