sábado. 20.04.2024
Os traballadores manterán o peche ata que non se presente Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade

Todo o persoal do hospital iniciará o luns ás 8:00 horas un encerro indefinido nas instalacións

Ante a situación que está vivindo o Hospital de Verín, as traballadoras e traballadores do centro tomaron dúas decisións. En primeiro lugar, solicitan a presenza de Vázquez Almuíña, o conselleiro de Sanidade, para que dea as explicacións necesarias. E en segundo lugar, anuncian un peche indefinido no hospital comarcal dende o luns ás 8:00 horas.

Concentración ás portas do CHUO para esixir a reapertura do servizo do paridoiro e as urxencias pediáttricas.
Nais, matronas e veciñas protestan contra o peche do paritorio do Hospital de Verín antes as portas do CHUO en Ourense (Imaxe: Marcha Mundial das Mulleres).

Ante a situación que está a vivir o Hospital de Verín, esta mañá realizouse unha Asamblea de Traballadores do Hospital de Verín coa Comisión Delegada, onde acordaron levar a cabo dúas medidas.

Por unha banda, os sanitarios van a pecharse no hospital comarcal dende o luns ás 8:00 horas, agás aqueles que estén en turno; é dicir, en urxencias ou consultas. O peche será indefinido e, con isto, pretenden que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, se presente no Hospital de Verín para dar as explicacións pertinentes.

Por outra banda, os traballadores solicitan a dimisión do actual xerente do centro, Miguel Abad, debido a que non apareceu polo centro dende que se coñeceu a decisión de pechar o paritorio e as urxencias pediátricas, e os traballadores coidan que, ao ser xerente, debería estar apoiando aos sanitarios e loitando con eles. Tamén piden a dimisión da subdirectora de Enfermería, María Consuelo Balado, debido a falta de respaldo desta ante a situación.

 

 

 

 

Todo o persoal do hospital iniciará o luns ás 8:00 horas un encerro indefinido nas...