jueves. 18.04.2024
Carpas instaladas na zona do toural para a recollida das mostras de saliva.
Carpas instaladas na zona do toural para a recollida das mostras de saliva.

Dende primeira hora da mañá -o rexedor Gerardo Seoane será un dos madrugadores, ten a súa quenda fixada para as 9:10 horas-, comezará no vello toural da vila de Verín a peregrinación duns 10.000 verinenses, que estarán chamados nos vindeiros catro días a un cribado masivo que a Xerencia de Área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras decidiu realizar no concello ante o incremento de casos que experimentou dende os primeiros días de decembro

O cribado poboacional masivo chega nunhas xornadas onde se están a producir aumentos máis que significativos no número de novos casos. A ponte da festividade da Constitución deixou unha destacada alza de diagnósticos da covid, non só en Verín, onde este sábado eran 51 os casos activos; senón tamén en concellos coma o de Cualedro ou Monterrei, que empatan a 13 casos cada un.

GRÁFICA DA EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

 

As probas realizaranse así ao 82,70% da poboación. A tipoloxía da proba será mediante test de saliva á poboación entre 15 e 69 anos (8.039) e mostra nasofarínxea para PCR aos maiores de 70 anos, un total de 1.961.

Os veciños citados para realización destas probas xa recibiron unha mensaxe nos seus móbiles, na que se lle indica a hora e lugar e posto ao que se deben dirixir. O horario de atención será entre as 8:30 e as 19:30 horas, este domingo, e o luns, martes e mércores seguintes.

WhatsApp Image 2020-12-26 at 15.29.13Outra das carpas instaladas na rúa San Antón, estas para a recollida de mostras PCR.

Con esta mostra poboacional poderá coñecerse o grao de transmisión, así como detectar posibles positivos a Covid-19 asintomáticos, ou sen síntomas, cortando así a cadea de contaxios. Os resultados serán notificados, no caso de seren positivos, polo médico de cabeceira de cada un dos participantes no cribado que desenrolase a enfermidade. De ser negativo, recibirán no seu teléfono móbil unha mensaxe de confirmación

Todo listo no toural para que mañá pola fresca comece a peregrinación da covid de...