Venres. 29.03.2024
O luns todos efectuaron o terceiro cribado, e o martes e mércores foi o Sergas o que fixo outro con PCR

Todas as PCR feitas a usuarios e traballadores do centro de día Raiola de Verín deron negativo

A dirección do centro de día Raiola realizou un cribado este luns con test de dobre banda, que deu negativo. Un día máis tarde, ao coñecerse que no Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín había un positivo entre as súas auxiliares, solicitouse un segundo cribado con PCR ao Sergas. Levouse a cabo entre o martes e o mércores. O resultado volveu a ser negativo

No centro de día Raiola, todas as probas efectuadas aos seus maiores resultaron negativas.
O terceiro cribado feito en Raiola con test de dobre banda este luns deu resultado negativo; as PCR do martes e de onte mércores, tamén.

Logo de coñecerse a existencia de positivos entre algunhas das traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar do Concello de Verín -este xoves vén de saberse que, polo menos, son dúas as auxiliares contaxiadas-, a dirección do centro de día municipal de Verín -Raiola- procedeu á activación de todos os protocolos sanitarios para aillar á única usuaria do centro que era visitada por unha destas traballadoras no seu domicilio

O pasado mércores nove de decembro, a meritada usuaria levaba apenas menos de 10 minutos no interior das instalacións e sen ter mantido contacto directo con ningún dos demáis usuarios cando se recibiu a información e, en cumprimento estricto dos protocolos, foi inmediatamente aillada e retirada das instalacións ao seu domicilio pola súa familia, procedéndose a desinfectar de xeito inmediato todos os obxectos cos que puidera ter tido contacto. 

Posteriormente, informouse á Xerencia da Área Sanitaria e procedeuse á realización de tests serolóxicos de dobre banda a todos os usuarios e persoal do centro de día á fin de descartar posibles contaxios. Os resultados deses tests serolóxicos realizados o luns desta semana -14 de decembro- foron todos negativos, pero unha vez coñecido o positivo por PCR da usuaria que fora contaxiada no seu domicilio por unha das auxiliares do servizo de axuda no fogar do Concello de Verín -a familia foi informada do mesmo o domingo 13 de decembro-, solicitouse ás autoridades sanitarias, desde a dirección do centro de día Raiola, a realización de PCR a todo o persoal e usuarios.

As PCR en Raiola leváronse a cabo este martes e mércores nas instalacións do centro de día. Os usuarios de Raiola sometéronse a PCR este mércores. 

Estas PCR foron realizadas por persoal sanitario acreditado durante os días martes 15 e mércores 16 da presente semana nas propias instalacións e previa comunicación de toda a información ás familias dos maiores. Este xoves, a Xerencia de Área informou de que o resultado de todas as PCR foi negativo, confirmando así que nunca se produciu contaxio algún no centro de día Raiola.  

A dirección do centro, satisfeita polos resultados "agardados, porque nós si que cumprimos de xeito categórico e escrupuloso todos os protocolos sanitarios", quixo agradecer "a boa disposición das familias, das traballadoras e dos propios usuarios no seguimento estricto das medidas sanitarias esixibles para impedir, como así vén de confirmarse por terceira vez nos últimos dous meses, que Raiola resístese ao virus".

A dirección de Raiola quixo tamén enviar unha mensaxe de ánimo "á usuaria contaxiada no seu domicilio pola auxiliar do SAF, así como á traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar e a todas aquelas persoas da comarca que estean pasando pola enfermidade", e adiantou que "seguiremos traballando coa mellor das dilixencias e grazas ao bo facer das nosas traballadoras para que os nosos maiores se atopen sempre protexidos".

Raiola anunciou que manterá a realización de cribados quincenais aos usuarios e traballadores. O que será xa o cuarto terá lugar logo da incorporación dos maiores tras as celebración de Noitevella. 

Todas as PCR feitas a usuarios e traballadores do centro de día Raiola de Verín deron...