viernes. 19.04.2024
A XXII edición da súa festa pechouse cun éxito de convocatoria inaudito nas convocatorias anteriores

Que terán os pementos de Oímbra?

Só unha devoción casi mariana ao produto estrela do Concello de Oímbra pode explicar como sé é capaz de soportar abafantes temperaturas mentres se come sin moverse do banco. Un ano máis, suóuse nese pavillón pero ninguén quixo perderse a festa dos Támega na sobremesa, previa á entrega de premios aos aventaxados cociñeirros que amosaron os seus pratos no centro de saúde, este ano sen polémicas.
pementosfoto
A ringleira que se formou para degustar os pementos estivo durante toda a mañá ocupando parte da carballeira.

O guión da festa é case o mesmo todos os anos. Poucas novidades introduce a directora da escea, Ana María Villarino Pardo, nunha convocatoria que xa é un referente provincial o primeiro domingo de cada mes de agosto. Non falla case nada: pementos a fartar, unha carballeira que axuda co abafante calor que nunca defrauda no día de hoxe; un ocurrente concurso de pratos elaborados co produto estrela e o xantar popular con charanga e mesa reservada para autoridades locais, provinciais, autonómicas e estatais.

pementoscarballeiraFixo un sol de xustiza ao longo do día que só a carballeira foi quen de mitigar. 

Dende as nove, as tres irmáns Loureiro acenderon os fogóns das kilométricas tixolas para comezar a preparar a degustación gratuíta do rei das hortalizas do lugar. A medida que o lume quecía o aceite e comezaban a bañarse nel os primeiros e notables pimentos, a feira de artesanía e maquinaria agrícola ía collendo cor e público. Tamén empezaba a ferver o pote do polbo, polo que se podía optar na carpa instalada ao efecto. 

pementosloureiroAs irmáns Loureiro: Tina, Bilde, Silvia e Mary -as de amarelo estiveron pendientes dos fogóns-, coa mediática estrela Rubén Riós. 

Mentres, na aira, as primeiras ringleiras para probar o produto da horta víanse interrompidas por o zancudo que, divertidamente ataviado,  tentaba concienciar, con posto propio, sobre a necesidade de acabar coa violencia sexista nos espazos públicos.

pementosconselleiraA conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez -de branco-, deixouse retratar contra a violencia sexual.

Cara as doce, abría o centro de saúde, reconvertido en exposición do inxenio de veciños do Concello que fixeron do pemento o principal ingrediente das súas composicións. Ovos recheos, pasteis, empanadiñas, lazos, un indio labrado nunha sandía e coronado con pementos ou o máis clásico e apetecible, xa pola hora de entón, ovos "rotos" con pementos de Oímbra e patacas -por isto de descomplicarse- foron algúns do pratos elaborados que contaron esta vez cunhs cociñeiros de moita excepción, a cativada da ludoteca municipal, que deu en rechear pementos con arroz. Todos completarán un recetario que editarán dende o Concello, como xa se vén facendo dende hai anos.

pementosmesapementosovospementosrecheosO centro de saúde acolleu, un ano máis, a exposición de pratos elaborados con pemento.

De camiño cara o campo da festa, de novo, e xa con máis fame co can de Pávlov, atópome coa alcaldesa que sae apresa en busca da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, que non faltou á cita coa localidade que tanto visitou acompañada da carteira de Medio Rural. A segunda carreira que botou a rexedora foi para lle saír ao encontro ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, que pasou de modo enterro -dende o Irixo, nas pompas do seu alcalde e compañeiro de partido Manuel Penedo- ao de festa rachada e romaría no traxecto pola A-52 ata Oímbra. Cando chegou, xa estaban, entre outros, varios dos seus alcaldes da comarca -Castrelo do Val e Verín cos seus máximos exponentes-, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Díaz Mouteira ou mesmo a deputada pola provincia nas Cortes Xerais, a banduense Ana Belén Vázquez Blanco

Seguindo o guión, antes de pasar ao tostadeiro do pavillón, a tradicional foto do pementos a piques de caír de mans dos políticos formando en media lúa, para que os compañeiros fotógrafos obtivesen a máis sinalada imaxe. 

pementospoliticos2Alcades e rexedora dos municipos anfitrión e limítrofes, con Manuel Baltar e a conselleira de Medio Ambiente.

E, xa. Logo dela, a ocupar a primeira e longa mesa reservada do pavillón, atestado xa de veciños e visitantes que xa ripaban nos pementos polos que comezaba o menú. Logo viría o empanada -de pementos, a quen se lle ocorre dubidalo!, o xamón, o polbo e a carne ao caldeiro. Antes de picar no cefalópodo, moitos dos veciños nas bancadas de enfrente suaban como se estivesen picando en pedra. Nin os ventiladores, nin a porta do pavillón pechada uns intres, ni o fresquiño do Quinta do Buble mencía baixando pola gorxa facían mellor efecto que os abanicos das señoras do carón, xa aleccionadas de edicións anteriores. 

Aínda así, ningúen se moveu -algúns únicamente para retratarse ca estrela da comarca, Rubén Riós- ata que as autoridades se ergueron para entregar os galardóns, que veu a coincidir cando xa o cácabo estaba cheo. Iso si, rematado o acto non foron poucos os que agradeceron por un pe fóra daquela infernal porta que só unha devoción mariana ao pemento de Oímbra pode explicar. 

Que terán os pementos de Oímbra?