Venres. 29.03.2024
Unha enfermeira aplica o reactivo nunha tira de dobre banda para a detección de COVID - 19.
Unha enfermeira aplica o reactivo nunha tira de dobre banda para a detección de COVID - 19.

A piques de rematar o mes de outubro, de que os bares tenten retomar a súa actividade aínda que sexan só no exterior, cun confinamento perimetral e co día de Todos os Santos na fin de semana, a vila de Verín mantén a súa senda ascendente na curva dos casos activos rexistrados. Este martes 27 de outubro rexistrouse o punto máis alto ata o de agora da gráfica, con 92 positivos en seguimento polo servizo de saúde, case o dobre dos contabilizados tan só un mes antes. Se se bota a vista atrás ata o 17 de setembro, data na que o Concello de Verín comezou a rexistrar nunha gráfica semanal o número de casos activos, estes teríanse si duplicado, pasando dos 45 de entón aos 91 deste mércores 28 de outubro

Aínda que o número de novos casos positivos -variable que a Consellería de Sanidade elude de xeito sistemático- nas últimas xornadas mantén un incremento menor -do luns ao martes, entre as 15:00 horas, só se rexistraron 6 novos diagnósticos, 5 en Verín e 1 en Vilardevós-, o que máis preocupa tanto aos responsables sanitarios como ao grupo de Goberno local verinense é o número de casos estreitos que se manteñen en seguimento, uns 200, e que poderían desenrolar a enfermidade nas vindeiras xornadas

Semana crucial

A Consellería de Sanidade manterá as medidas de restrición vixentes con motivo da pandemia pola COVID-19 en Galicia e seguirá unha "estratexia de monitorización continua" durante unha semana antes de estudar novas medidas no caso de ser necesarias.

Así o informaron o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, na rolda de prensa deste martes na que explicaron as decisións adoptadas polo comité clínico esta semana.

A doutora Durán Parrondo explicou que "preocupa" a situación en comarcas como a de Santiago, Ferrol "especialmente", Pontevedra, Vigo, Ourense, O Carballiño, Verín e Lugo, tras un "empeoramento en catro días" rexistrado en Galicia, dun 20%, "a pesar de ser a cuarta comunidade con menor incidencia acumulada".

Por iso, Sanidade expón unha "estratexia de monitorización continua de todas estas comarcas" e "se se constata un empeoramento esta semana", puntualizou Durán Parrondo, "a comisión clínica terá que actuar en consecuencia e pór en marcha medidas necesarias".

O Sergas mantén en vixiancia a máis de 200 contactos estreitos dos 91 casos activos en...