miércoles. 24.04.2024
WhatsApp Image 2019-12-19 at 12.26.50
Paula Vázquez, de En Marea.

O Sergas volve cambiar de criterio sobre as razóns do peche da unidade de partos de Verín.

O Xerente do SERGAS, Antonio Fernández Campa, respondeu á Deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, na Comisión 5ª. do Parlamento deste 19 de decembro de 2019 que "o número de partos é o desencadenante desta situación" (peche do paridoiro).

Preguntado o SERGAS polos criterios para pechar de xeito abrupto a unidade de partos de Verín, responde unicamente que se debe ao descenso do número de nacementos, indicando que se esperaban uns 60 este 2019, e que en setembro só houbo 2, igual que en outubro, 1 parto e 1 cesárea. Sinalou Fernández Campa que a decisión se tomou en base a un documento técnico asinado "pola totalidade dos especialistas do CHUO".

Dende En Marea, Paula Vázquez Verao volveu apelar á falta de diálogo cos e coas profesionais de Verín, e a falta de consideración ás matronas, que mesmo se ofreceran a facer quendas no CHUO: "Apelamos a que hai solucións para a reorganización do servizo na EOXI, igual que para a dotación de pediatras, pero semella que a decisión da Xunta é o peche definitivo da unidade de partos", asegurou Vázquez Verao. 

Sinalou o xerente do SERGAS que se trataba dunha decisión difícil, pero que a diminución dos partos é unha realidade ineludible. Paula Vázquez Verao preguntou se, entón, mente Feijóo cando sinala que se abrirá o paridoiro se hai pediatras, pois, coa resposta do máximo responsable do SERGAS quedou claro que, se o criterio é o baixo número de partos, non ten intención de volver abrir o servizo.

O SERGAS contradí a Feijóo: aínda que haxa pediatras, o paridoiro non abrirá