miércoles. 24.04.2024
o xerente de área volveu a discriminar a Verín, cando as probas levaban semanas no almacén do hospital

Rubial agardou a que a pandemia afrouxase para facerlle os tests aos sanitarios do hospital, que comezaron hoxe

Cando se tivo coñecemento que persoal sanitario do Sergas en Ourense e no Barco estivo en contacto coas máscaras defectuosas Garry Galaxy, a xerencia de área deu a orde de someter a máis dun milleiro de profesionais -da capital e da vila valdeorresa- ás probas de seroprevalencia. Eses tests foron enviados tamén a Verín fai un par de semanas. A orde para activalos chegou hoxe

Os sanitarios que tiveron contacto directo cos enfermos de COVID-19 foron os primeiros en someterse á proba.

Hoxe, a directora do distrito sanitario de Verín, Guillermina Agulla, obtivo o permiso para comezar a realizarlle ao persoal do hospital comarcal as probas serolóxicas. Os primeiros en someterse aos tests rápidos, de dobre banda -é dicir, que cunha punción nun dedo detectan se se xeraron anticorpos contra o virus e de que tipo-, foron os profesionais de contacto máis directo cos enfermos de COVID-19, estos son, os facultativos do servizo de Medicina Interna, enfermeras e técnicas de coidados auxiliares de enfermaría da zona verde, a sección do centro hospitalario que se adicou íntegramente ao illamento dos positivos por coronavirus. 

Tamén se someteron ao ditame dos tests rápidos os profesionais do servizo de Urxencias, os primeiros en manter contacto cos posibles casos de infección. 

Segundo puido saber esta redacción, os resultados son maioritariamente negativos e os exames de seroprevalencia entre os profesionais do centro sanitario continuarán o vindeiro luns 4 de maio

Estos mesmos test foron os utilizados pola xerencia da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco cando se coñeceu que moitos sanitarios da capital e do hospital valdeorrés estiveran utilizando máscaras de protección defectuosas da marca Garry Galaxy. Foi entón cando se lle fixo ese estudo de seroprevalencia a máis dun milleiro de profesionais en Ourense e no Barco de Valdeorras, dúas semanas atrás. Nas mesmas datas, chegaron os mesmos tests ao hospital de Verín pero, segundo confirman fontes consultadas, "estaban agardando a recibir a orde de arriba para comezar a facelos"

Profesionais que dubidan dos resultados

A fiabilidade dos tests rápidos mercados pola Xunta de Galicia para o seu persoal está tan en cuestión que incluso algúns dos profesionais que esta mesma mañá se someteron á proba, solicitaron nunha clínica privada da vila a constatación dos resultados con outra de anticorpos, aínda que ésta con extracción de sangue en vena e a remisión das mostras a un laboratorio especializado para detectar se padeceu ou non a enfermidade vía detección da presencia de antíxenos IGM ou IGG.

"Pedímolos hai dous meses"

Dende o sindicato nacionalista Cig, na súa sección de saúde, a súa voceira na comarca, Rosa Eva Fernández, presidenta tamén da comisión delegada do Hospital de Verín, asegurou, a preguntas desta redación, que "xa era hora de que se lle fixeran ao persoal do centro hospitalario unhas probas que nós levabamos solicitando dende hai dous meses, non é de recibo que a xente da que se di que está na loita contra o virus, que son heroes, sexan os primeiros esquecidos e non se lle realizase a eles os tests de antíxenos dos primeiros, porque é evidente que eran os que estaban tendo contacto directo cos enfermos e estaban sendo á súa vez un vector de contaxio co resto de pacientes e mesmo cas súas familias", apuntou. 

É vergonzoso que sanitarios do Sergas teñan que acudir a clínicas privadas para saber se teñen ou tiveron a enfermidade, para tranquilidade deles e das súas familias (Rosa Eva Fernández)

Fernández Pereira quixo lembrase tamén "dos outros profesionais que tamén están nesta loita, e que son os de Atención Primaria. É vergonzoso que sanitarios do Sergas teñan que acudir a clínicas privadas para saber se teñen ou tiveron a enfermidade, para tranquilidade deles e das súas familias", conclúe. 

Rubial agardou a que a pandemia afrouxase para facerlle os tests aos sanitarios do...