Xoves. 28.03.2024
Nieves Justo, á esquerda, axuda ao equipo do Sergas a realizar un exudado a unha das usuarias do centro de día.
Nieves Justo, á esquerda, axuda ao equipo do Sergas a realizar un exudado a unha das usuarias do centro de día.

A dirección do centro de día para maiores de Verín, Raiola, vén de confirmar que as probas de diagnose do coronavirus por PCR realizadas o pasado luns tanto ás traballadoras coma os usuarios da institución municipal deron resultado negativo

Dende que reabriu o centro de día, logo do peche decretado polo primeiro dos estados de alarma, son xa cinco os cribados que a dirección de Raiola ten organizado de xeito periódico para manter á raia o virus dentro das súas instalacións. 

O único contaxio que se produciu dun dos seus usuarios -que inmediatamente foi aillado e posto en corentena evitándose así que pudera extender o coronavirus ao resto- foi o dunha muller que estaba sendo asistida polo Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín, onde resultou positivo unha das auxiliares de xeriatría. 

Este éxito tamén o é das familias dos nosos usuarios, que están a colaborar de xeito encomiable contribuíndo a que ningún dos seus maiores contraia a enfermidade (Iván Olmos, responsable de comunicación de Raiola)

Iván Olmos, responsable da comunicación de Raiola, asegurou que "unha vez máis, o estrito cumprimento que o noso persoal fai dos protocolos establecidos permítemos poder sacar peito e entrar nesta preocupante terceira onda da pandemia sen ningún contaxio dentro das nosas instalacións", sinala, "aínda que non só é froito da nosa responsabililidade social, senón que tamén as familias dos nosos usuarios está a colaborar de xeito encomiable contribuíndo a que ningún dos seus maiores, que tamén son os nosos, contraia a enfermidade nos seus domicilios. A todos eles, o noso máis sincero recoñecemento e a máis encarecida das peticións de seguir nesta liña ata que non chegue a vacina para os maiores de Raiola", destacou Olmos Ferreiro. 

O quinto cribado no centro de día de Verín repite resultado dos anteriores: todos...