jueves. 18.04.2024
O Entroido chega á comarca.
O Entroido chega á comarca.

Xaneiro despídese para dar paso ó Entroido, e como non, na comarca son abundantes os festexos nestas datas. Non só Verín e Laza teñen Entroido, hai moito máis. Se queren coñecer todas as actividades que hai ao longo do mes de febreiro, aquí está a axenda completa:

Venres, 31 de xaneiro

Laza - 1º. Folión

A partir das 23:00 horas, comezará o 1º. Folión, para quentar motores para a chegada do Entroido.

Sábado, 1 de febreiro

Viana do Bolo - Fulión Feminino

Por cuarto ano consecutivo, o Fulión Feminino de Viana encherá co seu toque as rúas desta localidade. Para as 15:00 horas teñen previsto un xantar no Restaurante A Nosa Casa ao que asistirán un cento de mulleres. Despois, collerán de novo bombos e aixadas para dar outra ronda pola vila, rematando cun espectáculo na praza Maior.

Albarellos, Monterrei - II Encontro Prentroido Alternativo

Comeza a conta atrás e este sábado en Albarellos celebran o II Encontro Prentroido Alternativo. A partir das 20:00 horas na praza do pobo. Celebrarase un pasabares con bombos e chocas, e irase polo Bar o Campo, Bar Celta Delfín, Bar a Curva Piroca e o Baixo Casa da praza. A cea será de "pinchoteo".

Campobecerros - Xuntanza de amigos entroideiros

Durante a xornada, haberá Fulións rurais de Viana do Bolo, Felos das 12 Parroquias (Maceda), Cigarróns de Verín e Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros.

Venres, 7 de febreiro

Laza - 2º. Folión

A partir das 23:00 horas dará comezo o 2º. Folión.

Sábado, 8 de febreiro

Matamá - Sábado de Folión

A partir das 23:00 horas dará comezo o primeiro Folión de Matamá, acompañado dos Gaiteiros de Maceda, os Chimpafigos.

verrA figura máis representativa do Entroido verinense, o seu cigarrón. 

Xoves, 13 de febreiro

Verín - Xoves de Compadres

Os compadres dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín que arrinca tras a primeira saída dos cigarróns.

As 00:00 horas, tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, os compadres percorrerán as rúas Montemaior (saída), Lisa, Praza Maior, Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior, onde celebrarán o xuízo e a queima do Maragato. A animación musical correra a cargo da Charanga Los Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín.

Á 01:00 horas comeza a festa na Praza Maior coa discomóbil Enjoy.

Viana do Bolo - Xoves de Compadres

Á mañá, os fulións visitarán o CEIP Bibei e a residencia da terceira idade de Viana. E á noite, fariña, cea de compadres e Fulión. Tras a cea, ás 00:00 horas, celebrarase a colga do Lardeiro.

Vilariño de Conso - Cea de Compadres

Ás 21:00 horas, os compadres saen cear para dar inicio ao Entroido.

Venres, 14 de febreiro

Laza - 3º. Folión

A partir das 23:00 horas dará comezo o 3º. Folión.

Sábado, 15 de febreiro

Viana do Bolo - Sábado de Disputas

Pola mañá chegan a Pixeiros e Solveira, mentres que pola tarde trasládanse a Caldesiños. As tradicionais disputas son enfrontamentos verbais.

Matamá - Sábado de Folión

Matamá celebra o seu segundo Folión a partir das 23:00 horas.

Domingo, 16 de febreiro

Castro - Sábado de Folión

Cea e Folión.

Verín - Domingo de Corredoiro

A partir das 11:30 horas, o son de chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na Praza do Concello. Como é tradición, os fregueses serán recibidos á saída das igrexas RR. PP. Mercedarios e Parroquial polos Cigarróns. Ás 13:30 horas celebrarase o Pregón na Praza Maior, este ano, o encargado de ler o pregón será Miguel Ángel Prieto Sotelo, "Chita".

As charangas que encherán de música a rúa durante a xornada son Los Támega, Tómalle Outra e Noroeste.

A partir das 18:30 horas e ata as 23:00 horas, o Grupo Aramio e a Discomóbil A Gramola amenizarán a festa na Praza Maior.

Vilardevós - Domingo de Corredoiro

O Entroido de Vilardevós dá o pistoletazo de saída o Domingo de Corredoiro, no que desfilarán os Chocalleiros á saída da misa.

viiiViana do Bolo.

Xoves, 20 de febreiro

Laza - Cea de comadres

Ás 14:30 horas os alumnos do CEIP "O Castiñeiro" celebrarán un Folión polas rúas de Laza.

Pola noite, os entroideiros e entroideiras daranlle a benvida ao Entroido coa tradicional cea de comadres. A festa continuará coa discomóbil Space.

Verín - Xoves de comadres

Pola mañá celébrase o Desfile Infantil, ás 11:45 horas no que diferentes colexios da zona percorrerán as rúas de Verín para rematar na praza Maior, acompañados das charangas Los Támega, Jalácticos, Mil9, A Chicoria, Terra de Trives e Banda de Gaitas do Concello de Verín.

Pola noite, é o turno das mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas Los Támega, Jalácticos, Mil9, Europa, Noroeste e Terras de Trives, as mulleres dirixiranse á Casa do Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre as 00:30 partirá a procesión. A Raíña do Entroido recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse á Praza Maior para dar a benvida ás longas noites de festa.

Ás 00:00 horas estarán as discomóbiles Enjoy e A Gramola na Praza Maior, e a 01:00 horas a orquestra La Oca Band.

A partir das 00:00 horas na Praza Maior estarán animando á multitude con música.

Viana do Bolo - Xoves de Comadres

Á mañá, os alumnos do CEIP Bibei desfilan disfrazados polas rúas de Viana. A xornada remata á noite con fariña, cea de comadres e fulión. Ás 00:00 horas celebrarase de novo a colga da Lardeira.

A Gudiña - Xoves de Entroido

Desfile dos alumnos do CPI Laureano Prieto polas rúas da Gudiña, acompañados do Folión, para rematar na praza do Concello con fariña.

Á noite é o turno das mulleres e a Asociación de Mulleres Rurais Xestas e Toxos da Gudiña organizan, como todos os anos, a cea de comadres. Celebrarase no Restaurante Suizo a partir das 21:00 horas e a cea estará amenizada por unha charanga.

Vidago (Portugal) - Xoves de Carnaval

Tamén nos achegamos ao país veciño, e en Vidago atopamos diversión e troula, algo típico nestas datas. O xoves de Carnaval en Vidago, ás 10:00 horas celebrarase o Desfile de Escolas, no que os máis cativos sairán ás rúas disfrazados.

Vilardevós - Xoves de Comadres

En Vilardevós dáselle a benvida ao Entroido coa cea de Comadres. Ás 21:30 horas, na Casa da Cultura de Vilardevós celébrase unha cea na que as protagonistas son as mulleres. O remate da cea, haberá unha música para animar á xente e que a troula continúe, a cargo de César Pachaguero.

Matamá - Xoves de Comadres

Xuntanza de Comadres "Envellecemento activo".

1Laza.

Venres, 21 de febreiro

Laza - Venres de Folión

A xornada comeza pola tarde, con animación musical e pasacalles pola aldea a cargo do grupo de música tradicional Tanto nos Ten e da charanga TNT. Os protagonistas da tarde serán as cantigas, o xastré e o licor café nos bares de Laza, Cimadevila e Souteliño.

A partir das 21:00 horas organízase a Festa do Cocido, ao que hai que apuntarse, pois farase na carpa que se colocará durante todo o Entroido e as prazas son limitadas.

Ás 00:00 horas comeza o Gran Folión. Sáese dende o fondo da Cerdeiriña, que percorrerá as rúas e barrios de Laza. Os folións percorrerán a localidade á luz dos fachóns e acompañados do son das chocas.

Verín - Venres de compadreo

Pola mañá, ás 11:30 horas, haberá pasarúas coas charangas Los Támega e Terras do Bibei. Pola tarde, a celebración comezará arredor das 19:00 horas no barrio de San Lázaro, dende onde sairán dous carros cara á rúa Irmáns Moreno, lugar no que os entroideiros degustarán viño e o tradicional porco ao espeto. En todo momento a música acompañará aos carros, sendo o turno de Festicultores Troupe. Mentres, na Praza Maior, a discomóbil Space.

A noite, a festa continuará na rúa Montemaior ás 00:00 horas coa charanga Europa e ás 00:30 horas na Praza Maior co Grupo Claxxon.

Viana do Bolo - Venres de Fulión

O venres, veciños e visitantes percorren as rúas da vila disfrazados para celebrar o Fulión.

Vilariño de Conso - Entroido infantil

O venres, en Vilariño, os protagonistas son os máis cativos. Ás 12:00 horas celébrase o Entroido infantil. Mentres, á noite, ás 21:00 horas é a cea de compadres.

Chaves - Venres de Carnaval

No país veciño non quedan atrás. Chaves celebra o venres de Carnaval o seu tradicional desfile de Carnaval. Ás 15:00 horas, os máis cativos saen do Centro Cultural de Chaves para encher de cor as rúas da cidade veciña.

Sábado, 22 de febreiro

Laza - Sábado de Cabritadas

As rúas de Laza encheranse de música coa actuación da charanga Vaite Xa.

Pola tarde, os máis cativos teñen a súa cita na Gran Fariñada, que contará co ritmo musical do grupo As Xeitosiñas de Baltar.

Pola noite, Cabritada dos mozos de Laza. A festa estará amenizada pola orquesta Grupo3.com

Verín - Sábado de Entroido

Pola mañá, a partir das 11:30 horas, haberá pasarúas coas charangas Vai de Baile e Terras do Bibei.

Ás 17:00 horas na Praza da Mercé celebrarase o Bautizo do Cigarrón, momento solemne e esperado polos novos cigarróns no que serán investidos por primeira vez. Ás 18:00 horas, baile de capuchóns e mascaritas amenizado pola discomóbil Son de la Nuit.

Ás 19:00 horas comeza o circuito de charangas con Vai de Baile, Los Támega, Terras de Bibei.

Á noite, a partir das 00:00 horas, na Praza Maior, amenizarán a xornada a charanga Bicoia e as orquestras Huracán e Nebraska (de tarde e de noite).

Viana do Bolo - Sábado de Disputas

As disputas, nesta segunda ronda, celébranse en Penouta pola mañá e en Punxeiro pola tarde. A xornada continuará á noite con Fulións e moita troula nas rúas da vila.

Vilariño de Conso - Sábado de Entroido e Festa do Cabrito

Ás 11:30 horas é o turno do pregón e a apertura dos desfiles a cargo da Banda de Gaitas Municipal. A continuación, celébrase o Desfile dos Folións. Boteiros e mázcaras, ademais de comparsas espectaculares, uniranse ao desfile grande do Entroido de Vilariño.

Ás 14:30 horas, os veciños teñen unha cita coa tradicional XXXI Festa do Cabrito. A venda de entradas anticipadas -a 17 euros- está aberta ata o 16 de febreiro, a partir de entón costarán 25 euros.

A xornada continúa coa exhibición de Boteiros e Bombos ás 18:00 horas, para logo seguir a festa ata altas horas da madrugada coa discomóbil A Gramola e a Orquesta Olympus. Xunto ao baile, haberá concurso de disfraces, reparto de premios e outras moitas sorpresas.

Riós e Marcelín - Sábado de Entroido

De 11:00 horas a 12:30 horas celebrarase o Desfile de Entroido.

De 12:00 a 14:00 horas comeza a troula para os asistentes. Haberá inchables para os máis cativos na praza do Concello do Riós.

De 13:30 horas a 14:00 horas é o turno dun magosto popular: castañas e chourizos na praza do Concello, acompañados da charanga e con pincho en Marcelín.

A partir das 19:00 horas, en Marcelín, os asistentes teñen unha cita cunha charanga que acompañará unha degustación de orella e bica, para continuar posteriormente coa troula e diversión ata a noite.

Campobecerros - Sábado de Entroido

Día Grande do Entroido de Campos, no que a música e a troula serán os protagonistas da xornada.

Matamá - Sábado de Entroido

O sábado de Entroido en Matamá celébrase a tradicional cea na praza, ás 21:00 horas, acompañada de música co Trio Vaivén. O prezo da cea son 15 euros.

Vilardevós - Sábado de Entroido

O día grande do Entroido en Vilardevós é o sábado, no que os Chocalleiros saen as rúas para perseguir a aqueles que non vaian disfrazados.

Ás 16:00 horas, os Chocalleiros saíran á rúa acompañados do Trevón do Mildeo, e ás 17:00 horas comeza o desfile tradicional, que rematará o seu percorrido no campo de fútbol. A troula continúa con música, amenizada por Ritmo Joven, Lucía Ribada e Rubén Quintela.

Ás 18:30 horas lerase o tradicional Testamento, para continuar ás 20:30 horas coa baixada cos fachóns e queima do Meco acompañados dos Bate-Latas. Vilardevós despídese do Entroido ás 21:30 horas, cunha degustación de porco e caldo ata fin de existencias.

Vences - Sábado de Entroido

O Entroido tamén chega a Vences. Ás 12:00 horas comezará un pasarrúas a cargo da Charanga De Bande e ás 13:30 horas celebrarase unha comida popular na Praza do Forno e o remate, a Charanga De Bande amenizará a festa. Tras un anaco de troula e música, ás 17:00 horas, lerase o Testamento 2020. Ó remate comezará u percorrido pola aldea dos asistentes co Carro do Entroido acompañados dos Peliqueiros e da Agrupación de Bombos Os Entroideiros de Vences.

Para poder asistir hai que inscribirse, e o derradeiro día para apuntarse é o Domingo de Corredoiro. O custo son 18 euros.

Castro - Sábado de Entroido

Á noitiña Fariñada e actuación dos Calandracas.

Soutelo Verde - Sábado de Entroido

Cea de Entroido no Local Social.

viVilariño de Conso.

Domingo, 23 de febreiro.

Laza - Domingo de Estrea

É unha das citas máis esperadas do Entroido de Laza no que os asistentes recibirán a visita dos Peliqueiros, que saudarán a veciños e visitantes e percorrerán a localidade na saída da misa, ademais da subida da bica dende a Cerdeiriña, co reparto na praza da Picota. Todo isto acompañado polo ritmo das charangas Vaite Xa e Europa.

Pola tarde, desfile das carrozas típicas. A troula continua á noite, baile e verbena coas orquestras La Ola, ADN e Xacobeo.

Verín - Domingo de Entroido

Chega o día grande do Entroido de Verín. Ás 12:00 horas comeza o Gran Desfile Matinal. Un espectáculo cheo de cor, orixinalidade e humor que se prolongará ata a hora de xantar, coas charangas Los Támega, Vai de Baile, Jalácticos, Terras de Trives e Fuego.

Ás 19:00 horas comeza un circuito de charangas con Vai de Baile, Terras de Trives e Jalácticos.

E a tarde e noite, na Praza Maior, a música correrá a cargo das orquestras Capitol e Garibaldi.

Viana do Bolo - Domingo Gordo

Ás 12:00 horas celébrase o desfile de Fulións, Boteiros e Carrozas ata a praza Maior. Tras isto, no pavillón municipal, hai unha comida popular con motivo da Festa da Androlla, na que ademais da androlla, os asistentes degustarán alimentos como consomé, grelos, lacón ou bica.

Á noite, a diversión continúa con música nas rúas da localidade.

Vilariño de Conso - Domingo de Entroido

Ás 18:00 horas visítase unha aldea na que se fai unha pequena representación de versos e celébrase unha foliada tradicional.

Vidago (Portugal) - Domingo de Carnaval

Na cidade lusa, a partir das 15:00 horas, comezará o Desfile de Carnaval, onde carrozas, disfraces, cor e moita troula, encherán as rúas de Vidago.

Matamá - Domingo de Entroido

Pola mañá, os Peliqueiros estréanse e saen ás rúas. A continuación, ás 14:00 horas, celébrase o tradicional xantar na praza de Matamá. O prezo do xantar son 10 euros.

Oímbra - Domingo de Entroido

A xornada en Oímbra comeza ás 17:00 horas na Aira da Lidi, onde se farán os Fachucos e o Entroido. A troula continúa ás 21:00 horas cunha cea e baile a cargo de Dj Bony.

Castro - Domingo de Entroido

Pola mañá, estrea dos Peliqueiros. A troula continúa coa actuación dos Calandracas.

Luns, 24 de febreiro

Laza - Luns Borralleiro

O luns á mañá celébrase a tradicional Farrapada (batalla con trapos empapados en barro), Maragatos e a Xitanada dos Burros (procesión onde parellas mozas percorren as rúas de Laza e Souteliño subidos ós burros). Durante toda a xornada, a festa estará amenizada polas charangas Vaite Xa e Europa.

Pola tarde, baixada da Morena dende Cimadevila, coa compaña do burro, as formigas, toxos e cobelleiros. Ó remate, reparto da cachucha. A xornada rematará con baile e verbena coas orquestras Miramar e Metrópolis.

Verín - Luns Fareleiro

Ás 11:30 horas ruada coas charangas Noroeste e CLK.

Á tarde, é o turno dos máis cativos. Ás 16:30 horas celébrase o Entroido infantil con obradoiros, xogos e karaoke no Pavillón Municipal de Deportes.

Ás 17:00 horas haberá baile de Entroido coa charanga Los Támega no Centro da Terceira Idade da Alameda. A tarde estará amenizada polas charangas Los Támega e Noroeste que percorrerán a vila entre máscaras e disfraces.

Ás 17:00 horas na Praza Maior estará o Dj Ness, e ás 19:00 haberá degustación de empanada e bica, neste luns cheo de fariña.

As orquestras que amenizarán toda a xornada na Praza Maior son Nevada e D'Moda.

Viana do Bolo - Luns dos cativos

O luns, os cativos son os protagonistas. Ás 16:00 horas celébrase un Fulión infantil, no que non faltarán xogos tradicionais, música e unha gran chocolatada.

A troula continúa á noite co Fulión trapalleiro.

Vilariño de Conso - Luns de Entroido

Ás 18:00 horas comeza a Ronda de Folións. A xornada continúa cunha cea popular, de porco ao espeto.

Matamá - Luns de Entroido

A partir das 16:30 horas, as formigas, a cinsa, a Morena e a Albarda estarán na praza e nos arredores.

San Cibrao (Oímbra) - Luns de Entroido

Ás 17:00 horas, Matanza do Porco, que vai ser comido o martes. Haberá mollos de palla para facer un obradoiro de elaboración de Fachucos.

A xornada rematará con baile na praza das Vidreiras a cargo de Dj 7.

Oímbra - Luns de Entroido

Como cada ano, ás 16:30 horas comeza o percorrido por todas as adegas do pobo, amenizadas polas charangas Fuego e NBA.

Castro - Luns de Entroido

Pola tarde, saída das Morenas e Formigas. Actuación dos Calandracas.

Soutelo Verde - Luns de Entroido

Pola mañá, farrapada.

Tamicelas - Luns de Entroido

Pola mañá, farrapada.

4Oímbra.

Martes, 25 de febreiro

Laza - Martes de Entroido

Pola mañá, pasacalles coas charangas Vaite Xa e Europa e saída dos Peliqueiros veteráns.

Pola tarde, os asistentes disfrutarán dun novo pasacalles coa charanga Vaite Xa e desfile das carrozas típicas no lusco fusco, que darán paso ao Testamento do Burro. Ó remate, enterro do Entroido e loito dos Peliqueiros.

A festa remata con baile coa orquestra Nevada e verbena coa Discomóbil Space.

Verín - Martes de Entroido

O Entroido chega á recta final, último día da gran troula popular. Pola mañá, a partir das 11:00 horas, animación musical coas charangas Jalácticos e Vai de Baile.

Á tarde, o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor, acompañadas de acordes musicais das charangas Los Tamega, Mil9, Jalácticos, Terras de Trives e Fuego. A partir das 16:00 horas.

A Praza Maior estará amenizada polas orquestras Miramar e Finisterre.

Viana do Bolo - Martes de Entroido

Á mañá, desfile dos Fulións ata Cabo da Vila, e á tarde Gran Fariñada e Fulións polas rúas da vila. A xornada remata coa queima dos Lardeiros ás 00:00 horas e cun concurso de disfraces. Estará amenizado por música.

Vilariño de Conso - Martes de Entroido

Ás 18:00 horas, queima de Lardeiros e ronda de Folións.

Vidago (Portugal) - Martes de Carnaval

Ás 21:30 horas, Vidago despídese do seu Carnaval celebrando a Queima do Entrudo.

Matamá - Martes de Entroido

Ás 17:00 horas lerase o Testamento do Burro para despedir ao Entroido.

San Cibrao (Oímbra) - Martes de Entroido

Pasarrúas e baile coa charange El Brexit e con Dj 7, respectivamente. Asarase o porco da matanza do luns, acompañado de pan e viño para comelo entre todos os asistentes. Xa con forza, prenderanse os Fachos e subirase ao Monte do Outeiro para queimar A Parexa do ano e liberarnos de todos os males ata para o vindeiro ano. Baixarase para a plaza, onde haberá música a cargo de Dj 7, parando nas bodegas, como é tradición.

Oímbra - Martes de Entroido

Ás 17:00 horas saen os Fachucos ás rúas coa compaña da charanga NBA, ata a praza, onde haberá música e se celebrará unha cea popular, a queima dos Fachucos e do Entroido, para despedirse así destes festexos ata o vindeiro ano.

Castro - Martes de Entroido

Xantar Popular e pola tarde celebrarase o Testamento do Burro. A festa estará amenizada polo grupo musical os Calandracas.

Vilameá - Martes de Entroido

Pola mañá, lectura do Sermón dos veciños de Soutelo.

Mércores, 26 de febreiro

Viana do Bolo - Mércores de cinza

O Entroido despídese co enterro da sardiña. Recorrido polas rúas de Viana ata Cabo de Vila, onde haberá unha sardiñada popular.

Vilariño de Conso - Mércores de cinza

Vilariño de Conso dá o adeus ao Entroido co enterro da sardiña e cunha posterior sardiñada, a partir das 19:00 horas.

San Cibrao (Oímbra) - Mércores de cinza

Enterro da Sardiña con misa ás 18:00 horas.

6Riós.

Domingo, 1 de marzo

Verín - Domingo de Piñata

Como epílogo das festas, o Domingo de Piñata pecha a semana grande cunha gran comida popular para os participantes nos desfiles amenizada por música. Farase entrega tamén dos tradicionais premios "Cigarrón de honra", "Pescadilla" e "Fidelidade".

Entroido: festa rachada por toda a comarca!!!