sábado. 20.04.2024
PORASE EN MARCHA O VINDEIRO 9 DE AGOSTO CON GALLO DA FEIRA DO VIÑO DE MONTERREI

Primeira e histórica viaxe do coche de liña entre Verín e Chaves

Pasaban escasos minutos das once e media da mañá deste 5 de agosto de 2019 cando botaba a andar, de xeito literal, un vello soño dos responsables da Eurocidade Chaves-Verín: Por en marcha un servizo de transporte transfronteirizo entre ambas vilas, que operará inicialmente ata o 31 de decembro de 2019 e naqueles días de feira a un e outro lado da fronteira, ou cando haxa eventos destacados en Verín ou Chaves. 
cartelautobus
O servizo estará dispoñibles para o público en xeral o vindeiro 9 de agosto. Na imaxe, os horarios de todo o mes de agosto.

Histórica xornada a vivida esta mañá na sede da Eurocidade Chaves-Verín. Pouco despois das 11,30 horas, partía dende Feces camiño de Chaves o autobús que dende o vindeiro día 9 de agosto e, inicialmente ata o 31 de decembro deste ano, conectará as dúas vilas de xeito completamente gratuíto os días de feira a un e outro lado da fronteira e naquelas xornadas con eventos destacados tanto en Chaves como en Verín. Dez anos despois da posta en marcha da Eurocidade chega así a primeira das iniciativas de conectividade real entre os dous territorios, "os dous barrios dunha mesma cidade que dende o día de hoxe quedan conectados", como así ser referiu o presidente da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz, o primeiro en dirixirse ao público e medios de comunicación de ambos países no acto oficial de presentación do proxecto. O máximo representante do municipio luso sinalou que "logo de conquerir unha alianza histórica, económica e mesmo administrativa, só nos queda as administracións facer que esta cooperación a protagonicen os propios cidadáns dun territorio que é mesmo un só, un único territorio aínda que en países diferentes", declarou. 

nunoO presidente da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz, no acto de presentación do servizo de transporte transfronteirizo.

Logo de conquerir unha alianza histórica, económica e mesmo administrativa, só nos queda as administracións facer que esta cooperación a protagonicen os propios cidadáns dun territorio que é mesmo un só, un único territorio aínda que en países diferentes (Nuno Vaz, presidente da Cámara Municipal de Chaves)

Lixeiramente máis escéptico se amosou o rexedor verinense, Gerardo Seoane, quen tamén non participou da viaxe inaugural ata Chaves e delegou na súa segunda teniente de alcalde, Rosario Rodríguez, a representación institucional do Concello de Verín: "É unha proba, a que lle desexo futuro pero, lamentablemente, as posibilidades de éxito son moi limitadas. Iso si, é un bo instrumento para loitar contra un dos graves problemas que sofre este territorio, que creo que é a onde se debe de dirixir a acción conxunta de Chaves e Verín, que non son outros que o envellecemento e o medio ambiente".

ORGANIZACIÓN DO SERVIZO

Antes de subiren os convidados ao autobús, o director xerente da Eurocidade, Pablo Rivera explicou aos presentes as principais características do TUT, que así se deu en chamar ao Transporte Urbano Transfronteirizo entre Chaves e Verín. Será totalmente gratuíto e terá como puntos de saída e chegada as dúas estacións de autobuses de ambas localidades. No medio do traxecto, en Feces, diante da sede da Eurocidade, fará tamén unha parada. Estará dispoñible todos aqueles días de maior necesidade de mobilidade transfronteiriza, isto é, nos días de feira das dúas vilas e naqueles nos que teñan lugar os principais eventos de cada un dos municipios. 

Para poder usar este transporte público discrecional gratuíto, será preciso contar cos oportunos billetes, que ben se poderán obter online a través da páxina web de Auto Viação do Tâmega (www.avtamega.com) ou no propio autobús ao inicio do servizo e durante a parada intermedia que efectuará na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo (Verín)

TRANSPORTE DISCRECIONAL ATA O 31 DE DECEMBRO

Polo de agora, a experiencia piloto desenrolarase ata o 31 de decembro deste 2019, e só naqueles días sinalados nos calendarios festivos e de ocio de ambas vilas, horarios que se farán oportunamente públicos coa debida antelación tanto nos organismos oficiais dos dous municipios como nas estacións de autobuses de Chaves e Verín. 

Tentarase así, como aseguran dende a Eurocidade, crear hábito de comunicación viaria a un e outro lado da fronteira, convidando á súa población a esquecer o seu vehículo e facer uso do transporte público en datas sinaladas. Os pasaxeiros terán que cumprimentar un cuestionario que estará tanto na páxina electrónica como físicamente nos autobuses que prestarán o servizo, e dos que se extraerán os datos a finais de ano que avaliarán o éxito da iniciativa

O servizo levarase a cabo mediante dous vehículos de 39 e 22 prazas, respectivamente. A adxudicataria do mesmo é unha compañía portuguesa de transporte, Auto Viação do Tâmega, aínda que os seus xestores decidiron tamén contar cunha mercantil española que complemente á súa unidade de transporte: Autocares Guerra. 

Primeira e histórica viaxe do coche de liña entre Verín e Chaves