viernes. 26.04.2024
Oimbra alc jul19
A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. | FOTO: Deputación de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no seu despacho do Pazo Provincial, á alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, e ao alcalde de Monterrei, José Luis Suárez. Villarino valorou con Baltar futuras actuacións de melloras infraestruturais en diversas parroquias do concello tamagano a executar nos vindeiros dous anos. O presidente provincial comprometeu o apoio da institución ás demandas da alcaldesa. Según afirmou Villarino, acometeranse melloras nalgunhas prazas públicas das aldeas de Oímbra, entre outras actuacións.

Según afirmou Villarino, acometeranse melloras nalgunhas prazas públicas das aldeas de Oímbra, entre outras actuacións.

Monterrei jul19

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. | FOTO: Deputación de Ourense

Pola súa banda, Suárez aproveitou para abordar co presidente, ademáis doutras futuras actuacións infraestruturais no concello que requirirían o apoio económico da institución provincial, a necesaria colaboración interinstitucional na busca de solucións aos danos causados polas fortes riadas ocorridas o pasado mes. 

O presidente da Deputación recibe aos alcaldes de Oímbra e Monterrei para falar de...