jueves. 25.04.2024
Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.
Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.

O cribado do test de dobre banda que está efectuando o Sergas entre todo o persoal sanitario dos centros de saúde da comarca comeza a deixar moitos resultados negativos pero tamén algún que outro diagnóstico positivo por coronavirus. Riós, logo de convertirse nun dos primeiros concellos da comarca onde xurdiron gromos nesta segunda onda, vén de rexistrar un novo caso de COVID -19, unha doutora do seu centro de saúde, que confirmou a súa doenza vía PCR

O novo caso positivo en Riós súmase este xoves a un diagnóstico máis en Castrelo do Val, outros 2 en Oímbra e 7 adicionais no Concello de Verín, no que a día de hoxe rexistraba 63 persoas enfermas coa COVID - 19 aínda activas. Sen dúbida, as cifras da comarca víronse extraordinariamente alteradas polo 44 positivos rexistrados entre os residentes do xeriátrico "Val de Monterrei", en Albarellos de Monterrei.

Os alcaldes terán información puntual e diario dos casos activos

Os alcaldes da comarca de Monterrei, unha vez que todos os municipios comparten a situación II de restricións, participaron esta tarde nunha videoconferencia no que estaban presentes, ademais dos rexedores -agás o de Verín e o de Laza-, o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial; e o director xeral do Sergas, José Manuel Flores, entre outros. Os responsables do Servizo Galego de Saúde comunicáronlle aos rexedores que, dende hoxe, recibirán información puntual de todos os casos activos que se rexistren nos seus respectivos municipios

O positivo dunha doutora do centro de saúde do Riós devolve a preocupación ó municipio