miércoles. 24.04.2024
piscina
A instalación verinense conta con dous vasos, un para adultos e outro para a cativada. | FOTO: CONCELLO DE VERÍN.

O Concello de Verín vén de anunciar que dende este sábado 29 de xuño estarán abertas as piscinas descubertas municipais ata a primeira quincena do mes de setembro.

A instalación funcionará durante o verán e conta con dous vasos, un de adultos con 25x12 m2 e un para os máis cativos de 10 m2 e unha profundidade menor de 0,5 m. Teñen bar e repetirase o servizo da bibliopiscina, que tenta promover a lectura entre os bañistas mercé aos voluntarios da Biblioteca Municipal da vila. 

O horario de funcionamento será de luns a sábado, festivos incluídos, entre as doce do mediodía e as nove da noite. Os domingos abrirán xa dende as 11,00 horas

As piscinas descubertas de Verín abren ás doce da mañá deste abafante sábado 29 de xuño