viernes. 19.04.2024
2019120918274354185
Entrada de Urxencias do Hospital de Verín.

O acontecido esta noite no Hospital de Verín en canto ó último parto non deixa de provocar controversia. A delicada situación que viviron os profesionais sanitarios, pola que foi necesario acudir ó xuíz de garda, ten como consecuencia que nai, fillo e pai sufriran dolorosamente o nacemento dun neno cando debería ser un momento de felicidade, ledicia e celebración.

O pai do cativo, en declaracións a Diario do Támega, mostrábase perplexo ante o vivido esta madrugada. Logo de producirse o parto, xa con todas as controversias que viviron os profesionais que atendían o alumbramento por mor da negativa actuación dos responsables do Hospital de Ourense, os pais inda tiveron que vivir máis sorpresas desagradables.

"Estaba el niño intentando coger el pecho, se lo quitaron y lo llevaron para Orense", afirmaba el padre; "lo normal es que se lo dejaran porque estaba bien". Según acaba de declarar o xinecólogo Javier Castrillo, o traslado do recén nacido "Preciso a priori, aparentemente no era". Este foi o procedemento do pediatra que finalmente si enviaron dende Ourense: levarse ó pequeno sen ningunha necesidade médica e quitarllo á nai dos brazos.

O recén nacido viaxaba a primeira hora da mañá na ambulancia cara Ourense, acompañado dun pediatra e separado dos seus pais, que inda permanecían no Hospital de Verín para que a nai puidera recuperarse do parto. Foi máis tarde cando se trasladou á nai ó Hospital de Ourense, onde chegou ás 9:30 horas.

Unha vez alí non lle deron unha habitación para que puidera recuperarse en boas condicións. "La tuvieron sentada en una silla de ruedas durante dos horas", a pesar de "encontrarse mareada y sufrir sangrados", contaba o pai do cativo a Diario do Támega. Tampouco puido ver ó seu fillo recén nacido ata as 11:30 horas da mañá.

"Estaba el niño intentando coger el pecho, se lo quitaron y lo llevaron para Ourense",...