viernes. 19.04.2024
191116 PATRIMONIO VERIN_APATRIGAL  CMZ_2 (1)
O alcalde, Gerardo Seoane, explica aos asistentes o motivo da iniciativa, co presidente de Apatrigal, Carlos Fernández Coto á esquerda, e Bruno Rúa, o organizador, á dereita do rexedor.

Este 16 de Novembro Día Internacional do Patrimonio Mundial, Verín foi escollido para acollela actividade "O Mundo balneario de 1906, o sono modernista de García Barbón e Vázquez Gulías" organizada pola Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego (Apatrigal) grazas á iniciativa de Bruno Rúa, membro fundador da asociación, quen foi tamén o encargado de facer o percorrido pola historia urbana de Verín, e o apoio do Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG-Ourense), o Museo Virtual Daniel Vázquez-Gulías e mailo Concello de Verín.

apatrigalApatrigal recibiu más de 250 correos para se inscribiren nesta iniciativa.

O evento congregou a unhas 80 persoas ás 11:30 fronte o área occidental do hotel de Cabreiroá coa introdución do alcalde, Xerardo Seoane e máis Carlos Fernández Coto, presidente de Apatrigal, achegándonos un anaco da historia do balneario e a súa relación coa poboación local. Nesa breve comparecencia tamén se apuntaron os proxectos en curso e por vir en materia de patrimonio na vila.

Pola súa banda, Bruno Rúa relatou a historia do inmoble, dende as súas orixes mitolóxicas ata a súa relación co entorno xeolóxico da sección do val na que se asenta o conxunto arquitectónico de Cabreiroá.

De volta na vila, os asistentes puideron gozar dun percorrido polas obras deseñadas por Vázquez Gulías, dende o Palacete Modernista da Praza Maior ata o fermoso panteón que García Barbón fixera construír no camposanto, pasando pola Vila Peláez, impoñente edificación en cuxo xardín podemos atoparnos cun exemplar de araucaria, especie en perigo de extinción.

Durante algo menos de tres horas, os interesados nesta instructiva iniciativa tiveron ocasión de sentir o peso da historia e encher baleiros que so a memoria allea e a dedicación cara a historia dunha vila poden encher. Nesta data, ou en calquera, temos que asumir que o primeiro paso por facer valer o noso patrimonio pasa por entendelo e facer unha autocrítica positiva de xeito que poidamos por en valor o legado dos que viñeron antes que nós. 

Verín esperta do sono que un día lle contou García Barbón a Vázquez Gulías